El Correo Gallego

Tecnoloxía

Motorola P30: un descarado clon do iPhone X

MARCUS FERNÁNDEZ  | 17.08.2018 
A- A+

Por se non quedaba claro que a marca de smartphones Motorola pertencía á chinesa Lenovo, presentan agora un novo teléfono que que amosa o peor da esencia chinesa da empresa, o Motorola P30, que é un dos terminais que máis descaradamente copia ao iPhone X de Apple, do que apenas muda esteticamente nun par de detalles: o isotipo na súa parte traseira (no lector de pegadas dixitais) e o logotipo na parte inferior da frontal.

Estamos ante un smartphone moi na liña dos que saíron nos últimos meses, cunha pantalla IPS de 6,2 polgadas Full HD+ (con relación de aspecto 19:9 por incluír unha pronunciada pestana superior), procesador Qualcomm Snapdragon 636, 6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 256 GB), cámara traseira dual de 16 + 5 Mpíxeles con aperturas f/1.8 e f/2.2, cámara traseira de 12 Mpíxeles con apertura f/2.0, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, batería de 3.000 mAh con carga rápida por USB-C, un grosor de 7,69 milímetros e un peso de 170 gramos.
O Motorola P30 chegará ao mercado chinés o 15 de setembro a un prezo de 2.099 iuans (268 euros) no seu modelo con 64 GB de almacenamento e de 2.499 iuans (319 euros) na versión con 128 GB.