Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

No verán Nintendo porá á venda unha nova consola portátil

A New Nintendo 2DS XL, co seu prezo axustado, buscará manter viva a familia de consolas 3DS, mentres a nova Nintendo Switch móvese en rangos de prezo propios de consola doméstica.

Nintendo quere deixar claro que co lanzamento da Switch non dixo adeus á familia de consolas portátiles 3DS, e incluso atrévese a incorporar un novo modelo de consola, aNew Nintendo 2DS XL, que en vez de unha maquina cun voluminoso deseño sen bisagra como a económicaNintendo 2DS, opta polo factor de forma daNintendo 3DS XL, prescindindo do efecto auto-estereoscópico da súa pantalla superior, ou sexa, que consegue rebaixar custos grazas a non contar con pantalla 3D.
A nova Nintendo 2DS XL sairá á venda o 28 de xulloa un prezo por anunciar en Europa, pero ao sabermos que no Xapón custará 14.980 iens (124 euros) e en EE.UU. 149 dólares (137 euros), podemos deducir que en España podería custar 149 euros (ou incluso menos) o que suporía un importante pulo para esta máquina que é moi atractiva para quen non guste das 3D, pois ten todas as prestacións adicionais da 3DS XL (como unha maior potencia de procesamento e NFC para poder empregar tarxetas e figuras amiibo) e incluso pesa lixeiramente menos que a 3DS XL.
A 2DS XL estará dispoñible inicialmente nun modelo en cor negra con acentos turquesa e noutro en cor branca con acentos laranxa, que incluirán lapis táctil, tarxeta de memoria microSDHC de 4 GB, 6 tarxetas de realidade aumentada e adaptador de corrente.

29 abr 2017 / 11:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito