El Correo Gallego

Tecnoloxía

Nova cámara de Canon para videoblogueiros

A Canon PowerShot G7 X Mark III é unha cámara compacta orientada aos usuarios que crean vídeos para a Rede

MARCUS FERNÁNDEZ  | 10.07.2019 
A- A+

De cara aos creadores de contidos Canon pon á venda en Europa a nova cámara Canon PowerShot G7 X Mark III, o último membro da familia PowerShot G, que destaca por gravar vídeo 4K, contar con velocidades de gravación rápida (até 120 fotogramas por segundo en Full HD), cun sensor CMOS de 20,1 Mpíxeles e entrada de micrófono de 3,5 milímetros, de xeito que convértese nunha cómoda ferramenta para creadores de vídeo orientado á Rede.
A nova cámara ten unha pantalla traseira basculante e táctil, o que resulta moi práctico para realizar autorretratos e gravacións dende ángulos baixos; integra un obxectivo con zoom 4,2x; a súa conectividade Wi-Fi permite tanto transferir contidos para subilos a Facebook ou Instagram como realizar directos de YouTube; e para unha maior comodidade incluso pode cargarse a súa batería por USB.
Un produto moi práctico, que xa está dispoñible en reserva por un prezo de 829,99 euros, e que ten prevista a súa chegada a primeiros de agosto.