El Correo Gallego

Tecnoloxía

Nova capturadora Razer Ripsaw HD

A nova capturadora de vídeo de Razer permite procesar vídeo en Full HD aínda que a súa resolución orixinal sexa superior

MARCUS FERNÁNDEZ  | 09.04.2019 
A- A+

Ampliando o seu catálogo de produtos destinados a xogadores para PC Razer presenta a capturadora Razer Ripsaw HD, que facilita tanto a gravación como a emisión en directo a través de streaming de vídeo Full HD até a 60 imaxes por segundo soportando entradas de até 4K a 60 imaxes por segundo (da que faría passthrough), ou sexa, que os xogadores poden gozar en local de gráficos de altísima resolución á vez que comparten coa súa audiencia unha resolución máis moderada.
Esta capturadora é compatible con ordenadores persoais e consolas, contando simplemente cunha entrada e unha saída HDMI para a captura de vídeo e un porto USB 3.0 para o seu control dende un ordenador persoal, permitindo tamén que os streamers poidan engadir a súa propia voz aos vídeos en directo a través dun micrófono (sen ter que precisar dunha mesturadora de audio externa e sen problemas de sincronizacións sonora).
A Razer Ripsaw HD funciona co software máis habitual no mercado (OBS, Mixer, Streamlabs, XSplit, Twitch e YouTube) e está dispoñible a un prezo de 169,99 euros.