El Correo Gallego

Tecnoloxía

Novo iPad de 10,2 polgadas

O iPad básico incrementa a súa pantalla e incorpora compatibilidade co Smart Keyboard

MARCUS FERNÁNDEZ  | 10.09.2019 
A- A+

A grande sorpresa da presentación de Apple de hoxe foi a introdución dun novo iPad de 7ª xeración, produto que non se esperaba que vese a luz até outubro, e que finalmente temos aquí cunha nova pantalla Retina de 10,2 polgadas, soporte para Apple Pencil, procesador A10 Fusion e un prezo que parte dos 379 euros. O modelo con Wi-Fi e 32 GB de capacidade será o que custe 379 euros, mentres que o modelo con 128 GB venderase a 479 euros, incrementándose o prezo en 140 euros nos modelos con conectividade móbil.
Temos así que o principal cambio deste novo iPad é o incremento do seu tamaño de pantalla até as 10,2 polgadas e o soporte para Smart Keyboard, ou sexa, que temos un equipo máis orientado á produtividade e á multi-tarefa, ao que tamén contribúe o novo iPadOS. Un detalle que tamén axuda é o soporte de unidades USB externas a través da aplicación de xestión de ficheiros.
Os novos iPad teñen un peso de 483 gramos e unha autonomía dunhas 10 horas, polo que estamos ante produtos moi atractivos, que neste modelo en concreto destaca pola contención do seu prezo sen prescindir de moitas das posibilidades que até hai pouco reservábanse para os iPad Pro.