Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Office para Android por fin funciona nos Chromebooks

A posibilidade de empregar Word, Excel e PowerPoint en portátiles con Chrome OS incrementa as posibilidade destes equipos económicos, seguros e con grande autonomía.

Dende o ano pasado os ordenadores portátiles con Chrome OScomezaron a poder correr aplicacións para Android, funcionalidade que foise estendendo entre distintos modelos de Chromebook, aínda que tras recibila percibían tamén unha curiosa carencia: as aplicacións ofimáticas de Microsoft non estaban dispoñibles. Agora parece que a eiva vén de superarse, efinalmente parece que o Microsoft Office xa corre sen problemas nos Chromebooks que teñen acceso a Google Play, tende de aplicacións para Android dende a que xa é posible instalar o Word, o Excel ou o PowerPoint, precisando dunha subscrición a Office 365 se queremos tirar un proveito completo destas aplicacións.
Estamos ante unha magnífica nova para moitos usuarios deste tipo de equipos (de grande éxito no ámbito educativo estadounidense) xa que abre interesantes posibilidades para o uso dos Chromebook en traballos de produtividade pois, aínda que eses equipos estean deseñados pensando nas solucións ofimáticas de Google, nalgúns contornos continúan a estar implantadas as solucións de Microsoft. Tamén é interesante esta opción para usuarios que non se atrevían a adquirir un Chromebook polas súas limitacións de software, e ao saber que poderán empregar ferramentas ofimáticas coas que están familiarizados resultaralles máis doado dar o salto a Chrome OS.

01 dic 2017 / 13:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito