Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O primeiro televisor OLED 8K pode verse en Berlín

LG leva á feira IFA de Berlín un televisor de 88 polgadas con panel OLED e con resolución 8K

Que os contidos en 4K estean aínda lonxe de normalizarse non é freo para que os fabricantes de electrónica de consumo continúen a avanzar na resolución das súas pantallas, e aproveitando a celebración da feira IFA en Berlín LG quere captar a atención presentando o primeiro televisor OLED 8K do mundo, que nun panel de 88 polgadas conta con 7.680 x 4.320 píxeles, ou sexa, máis de 33 millóns de píxeles que producen unha imaxe de impresión, coa relación de contraste e os negros puros propios das pantallas OLED.
Aínda que os televisores OLED continúan a ser un luxo, de aí que teñan unha presenza comercial moi limitada, dende LG confían en que este ano peche co dobre de unidades vendidas, chegando até os 9 millóns de unidades en 2022 de manterse o ritmo. No caso dos televisores 8K son máis prudentes, e consideran que para superar os 5 millóns de unidades terán que esperar ao 2022.

29 ago 2018 / 12:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito