Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

PUBG para Xbox One supera os 2 millóns de xogadores en 48 horas

A sorpresa do ano, PLAYERUNKNOWN'S BATTLEGROUND, traslada o seu éxito en PC a Xbox One

O xogoPLAYERUNKNOWN’S BATTLEGROUNDS(PUBG)chegou en marzo a Steam en acceso anticipado, ou sexa, que aínda é un título en desenvolvemento, o que non impediu que se convertese no fenómeno do ano, sendo habitual que lidere a listaxe de videoxogos con máis usuarios activos en liña (que dende outubro tende a superar os 2 millóns de usuarios simultáneos superando por moito aDOTA 2).
O xogo tamén quixo dar o salto a consolas e por isoestá dispoñible para Xbox One como Game Preview, ou sexa, que deixan claro que aínda non está rematado, o que non impide que poida tirar proveito de máquinas como a nova Xbox One X, na que luce melloras gráficas, gráficos 4K e HDR. Pero que sexa unha versión preliminar non botou atrás aos xogadores da consola de Microsoft, compañía que vén de recoñecer que foi un impresionante lanzamento,superando o millón de xogadores nas súas primeiras 48 horas.
Vendo o pulo que está a terPUBGen Xbox One decidiron incluír o xogo na promoción de Nadal da Xbox One X, de xeito que cando alguén se faga coa nova máquina de Microsoft recibirá de balde unha copia do xogo, promoción que estará vixente até o 31 de decembro.

18 dic 2017 / 21:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito