El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Razer presenta un teclado e un rato para Xbox One

Nos EE.UU. veñen de abrir a reserva para facerse cun teclado e un rato con interruptores mecánicos que permiten trasladar a experiencia de xogo de PC a Xbox One

MARCUS FERNÁNDEZ  | 19.12.2018 
A- A+

Tras filtrarse imaxes do conxunto de teclado e rato para Xbox One que estaba a preparar Razer, por fin o produto é oficial, é abriuse a reserva nos EE.UU. do Razer Turrent para Xbox One a un prezo de 249,99 dólares, que comezaría a enviarse aos compradores o 31 de marzo de 2019.

Estariamos ante unha simple variante do Razer Turrent para ordenadores persoais, adaptada á consola doméstica de Microsoft, permitindo así gozar na Xbox One dunha experiencia de xogo en xogos compatibles que normalmente estaría reservada ao PC. Dado o nivel de esixencia dos gamers de PC, estes accesorios son de grande calidade e precisión, de aí que teñan un prezo que poida parecer elevado, pero que estaría xustificado pola suma de deseño, fiabilidade e duración, xa que este tipo de periféricos tamén se caracterizan por soportar usos moi intensivos (os interruptores do teclado mecánico soportan até 80 millóns de pulsacións, mentres que os botóns do rato resisten até 50 millóns de pulsacións).

O teclado e o rato Razer Turret para Xbox One comunícase coa consola sen fíos (para o que inclúe un receptor, aínda que tanto o teclado como o rato poden empregarse tamén mediante cable), integra unha bandexa retráctil para utilizar o rato con comodidade incluso no regazo, e a súa batería permite gozar de até 43 horas de uso cunha única carga (aínda que coa retroliluminación a cor activada a autonomía redúcese drasticamente).

Amais, o conxunto de teclado e rato tamén é compatible con ordenadores persoais con Windows 10, conseguindo así que o valor destes accesorios sexa aínda maior, dada a súa versatilidade, de xeito que non será un accesorio que vaia contar só cun uso esporádico na consola (dado o limitado número de xogos que soportan polo momento o seu uso).

Polo momento descoñécese se teremos en España este produto co teclado adaptado á disposición española, xa que polo momento só está prevista a distribución estadounidense do teclado.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...