El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Redmi 6 e 6A: os novos reis da gama baixa

MARCUS FERNÁNDEZ  | 13.08.2018 
A- A+

A gama de móbiles de entrada de Xiaomi en España renóvase hoxe coa incorporación dos móbiles chamados a ser grandes supervendas nos vindeiros meses, os Remdi 6 e Redmi 6A, dispositivos para os que queren terminais económicos e de tamaño contido, sen prescindir dun bo acabado e un deseño elegante.
O Redmi 6A sería para Xiaomi o rei da gama baixa, ofrecendo unha pantalla de 5,45 polgadas cunha resolución de 1.440 x 720 píxeles, procesador Helio A22 (procesador de 12 nm), 2 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB, cámara traseira de 13 Mpíxeles con apertura f/2.2, cámara frontal de 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, toma para auriculares, dobre SIM 4G, batería de 3.000 mAh, un grosor de 8,3 milímetros e un peso de 145 gramos. Véndese con carcasas en azul, dourado, gris ou negro a un prezo de 119 euros para o modelo con 16 GB de almacenamento interno, e de 139 euros para o modelo con 32 GB de almacenamento interno.

Para usuarios máis esixentes temos o Redmi 6, que mantén o mesmo formato e prestacións básicas, incorporando algunha mellor adicional, como un lector de pegadas dixitais traseiro, un procesador Helio P22, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno e unha cámara traseira dual de 12 + 5 Mpíxeles, que venderase a 159 euros.
Temos así como estes novos móbiles conseguen un prezo axustado probablemente pola incorporación de procesadores MediaTek, mentres que os que prefiran confiar en Qualcomm teñen dispoñible o Redmi S2, que parte dos 179 euros de prezo.