El Correo Gallego

Tecnoloxía

Redmi 7, o novo smartphone económico de Xiaomi

O novo teléfono chinés sairá á venda a un prezo que parte dos 699 iuans (92 euros).

MARCUS FERNÁNDEZ  | 18.03.2019 
A- A+

Hoxe presentouse o esperado smartphone Redmi 7, que busca converterse nun smartphone de entrada supervendas ao achegar unhas prestacións suficientes para moitos consumidores que non queren realizar un grande investimento nun teléfono.
Este novo teléfono porase á venda en China o vindeiro día 26 a un prezo de saída de 699 iuans (92 euros), aínda que esta versión só conta con 2 GB de RAM e 16 GB de capacidade, mentres que o modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento custaría 799 iuans (105 euros) e o modelo máis completo, con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento elevaría o seu prezo até os 999 iauns (131 euros).
O novo teléfono de baixo custo de Xiaomi conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 632 e, pese ao seu prezo axustado, ofrece resistencia á auga; sendo outro dos seus puntos fortes a súa pantalla de 4.000 mAh, de xeito que ten unha grande autonomía (aseguran que en espera sería capaz de aguantar até 400 horas).
O Redmi 7 terá unha pantalla de 6,26 polgadas con resolución HD+, cámara traseira cun sensor de 12 Mpíxeles (acompañado por un sensor de 2 Mpíxeles), a súa cámara frontal de 8 Mpíxeles sitúase nunha pestana superior central con forma de pinga (e pode dispararse mediante xestos coa man), inclúe sensor de infravermellos para poder funcionar como mando a distancia, a súa bandexa para dobre SIM tamén deixa espazo para unha tarxeta microSD de até 512 GB, non esquece o seu conector de auriculares pero, como grande eiva, podería comentarse que carga mediante micro USB (ou sexa, que ten unha batería de grande capacidade, pero carece das últimas tecnoloxías de carga rápida).