El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Redmi presenta os seus auriculares sen fíos

Xiaomi aproveita a súa marca económica para comercializar auriculares sen fíos moi competitivos.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 18.03.2019 
A- A+

Nos últimos meses Xiaomi puxo á venda distintos auriculares completamente sen fíos, para ofrecerse como alternativa económica aos AirPods de Apple, de xeito agora temos no mercado os AirDots e os AirDots Pro, con prezos de 199 e 399 iuans respectivamente, e que agora reciben un curmán dentro da liña económica Redmi, de xeito que en China venderanse os Redmi AirDots a só 99,9 iuans (13 euros).
Unha vez máis falamos duns auriculares Bluetooth 5.0 moi compactos, de só 4,1 gramos de peso, que inclúen capuchóns de silicona intercambiables de 3 talles distintos, e que poden cargarse no seu estoxo, podendo gozar dunha autonomía de até 4 horas sen recargar (e de 12 horas en total se sumamos as recargas no estoxo).
O peso total dos auriculares co estoxo é de só 35,4 gramos, e o seu uso tamén resulta cómodo, xa que na parte externa dos auriculares contamos cun botón que facilita o control da reprodución multimedia mediante toques ou incluso a invocación do asistente de voz do noso smartphone.
Sairán á venda o 9 de abril, aínda que polo momento descoñecemos o que tardarán en saír do mercado chinés, xa que o resto de auriculares de Xiaomi seguen sen venderse oficialmente en España, tendo que recorrer a tendas internacionais para a súa compra.