El Correo Gallego

Tecnoloxía

RTX 2060, a gráfica nVIDIA de nova xeración a un prezo máis asumible

A nVIDIA GeForce RTX 2060 é a gráfica máis económica con arquitectura Turing, que por 369 euros achegará un desempeño extraordinario en videoxogos

MARCUS FERNÁNDEZ  | 07.01.2019 
A- A+

O pasado verán nVIDIA anunciou as primeiras tarxetas gráficas con capacidade para facer ray tracing en tempo real, a serie RTX 20, con prezos de entre 639 e 1.259 euros, pero esta tecnoloxía vai facerse moito máis asumible grazas ao lanzamento da nVIDIA GeForce RTX 2060, que parte un prezo de 369 euros, incluíndo coa compra un código para facerse co xogo Battlefield V ou con Anthem, títulos que permiten amosar a grande potencia desta nova xeración de gráficas (en Battlefield V a acción corre sen problema a 60 imaxes por segundo).
Con esta nova gráfica nVIDIA fai moito máis accesible a arquitectura Turing, que conseguen un magnífico desempeño en xogos modernos, xa que poden tirar proveito das melloras gráficas coas capacidades do ray tracing e da intelixencia artificial.
As gráficas nVIDIA RTX 2060, en xogos actuais, van un 60% máis rápido que as gráficas nVIDIA GTX 1060, superando en potencia incluso ás GeForce 1070 Ti. As RTX 2060, que comezarán a venderse globalmente o vindeiro día 15, veñen equipadas con 6 GB de memoria GDDR6, teñen 240 núcleos Tensor e poden conseguir até 52 TFLOPS en operacións de deep learning, o que mellora o desempeño dos xogos que fan uso de DLSS (ou sexa, que os xogos máis actuais serán os que mellor rendemento teñan con esta gráfica).









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...