Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sae á venda o casco de realidade virtual autónomo de Facebook

Oculus Go pode mercarse por a partires de 219 euros, converténdose na solución completa de realidade virtual máis asumible

O pasado outonoFacebook presentou un casco de realidade virtual autónomo, Oculus Go, e finalmenteo produto xa está aquí, a un prezo de 219 euros no seu modelo con 32 GB de almacenamento e a 269 euros con 64 GB de capacidade, o que sería a solución de realidade virtual completa máis económica do mercado, contando tanto con casco (que non precisa de inserir un smartphone no seu interior) como cun mando sen fíos para facilitar o control.
Estamos ante unha solución que sería semellante ao Gear VR de Samsung, pero ao non depender dun smartphone de alta gama, resulta tanto máis económico como máis cómodo, coa grande vantaxe de poder gozar dun catálogo de aplicacións moi amplo dende o primeiro día (esta plataforma ten xa máis de mil aplicacións, xogos e experiencias de 360 graos).
As Oculus Go están equipadas cunha pantalla de grande velocidade de refresco cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles, de xeito que consegue unha experiencia parella ao uso das mencionadas Gear VR, aínda que cun pequeno detalle que moitos agradecerán: integra pequenos altofalantes no casco para non precisar de auriculares (aínda que tamén conta con toma de minijack para poder conectar auriculares no caso de querer gozar dunha sensación máis inmersiva).
Dende Facebook promoverán numerosos contidos inmersivos nos vindeiros meses, os Oculus Venues (eventos sociais en realidade virtual como concertos, encontros deportivos e noites de comedia), aínda que tamén ofrecerán Oculus TV (para poder gozar de contidos 2D coma se estivesen a proxectarse nunha sala de cine) e Oculus Gallery (para ver contidos panorámicos e en 360 graos de diferentes fontes).

02 may 2018 / 11:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito