El Correo Gallego

Tecnoloxía

O Samsung Galaxy Book2 que ser o portátil sempre conectado do futuro

Esta mestura entre tableta e portátil emprega tecnoloxía móbil para poder contar en todo momento con autonomía e conectividade á Rede

MARCUS FERNÁNDEZ  | 19.10.2018 
A- A+

Como alternativa aos equipos Surface Pro Samsung vén de lanzar un novo equipo moi interesante, que cun formato parello ao das tabletas de Microsoft aposta por integrar un procesador Qualcomm Snapdragon 850, propio de dispositivos móbiles, de xeito que o Galaxy Book2 sería un equipo 2-en-1 que tería como principal obxectivo estar sempre conectado grazas ao 4G.
O Samsung Galaxy Book2 funcionaría con Windows 10 (en modo S), contaría con tecnoloxía Instant On (de xeito que non habería que esperar polo seu acendido) e combinaría tanto unha boa conectividade Wi-Fi como Gigabit LTE, de xeito que podería descargar unha película en alta definición en apenas uns segundos. Ao estar baseado nun procesador móbil, tamén pode dicir adeus os modos de hibernación e espera, de xeito que a axilidade de uso sería unha das súas principais virtudes. A súa batería soporta carga rápida e permitiría a reprodución de vídeo até máis de 20 horas seguidas.
O equipo está equipado cun lector de pegadas dixitais, de xeito que coa tecnoloxía Windows Hello podería desbloquearse ao instante, e para facer máis completa a experiencia desta tableta con Windows 10, pode equiparse cunha funda-teclado con retroiluminación e cun S Pen sensible á presión, non precisando de carga por separado ningún destes accesorios.
Dende Samsung tamén destacan que este novo equipo lévase especialmente ben cos smartphones da liña Galaxy, xa que grazas á aplicación Samsung Flow facilita a transferencia de ficheiros entre ordenador e móbil ou incluso poden recibirse as notificacións do móbil no ordenador.
Detallando as especificacións, o Samsung Galaxy Book2 ten unha pantalla sAMOLED de 12 polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.440 píxeles, 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles, 2 portos USB-C, lector de tarxetas microSD, toma de auriculares, Wi-Fi AC e LTE, pesaría só 795 gramos e nos EE.UU. sairá á venda por un prezo de 999,99 dólares incluíndo o teclado e o S Pen.