El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

SEGA regala xogos no seu anti-San Valentín particular

MARCUS FERNÁNDEZ  | 13.02.2018 
A- A+

Coa chegada do San Valentín dende SEGA celebran unha tradición moi curiosa, a campaña Make War Not Love, que podería considerarse como un anti-San Valentín, xa que instan a deixar ao amor de lado para dedicarse á guerra a través de ofertas nos seus xogos de estratexia. Este ano chegan á quinta edición desta iniciativa que, para animar aos xogadores a seguila, agasalla con 2 xogos de Megadrive para engadir á nosa biblioteca de Steam aos usuarios que se subscriban á rolda de correo na que irán dando conta da campaña que se desenvolverá até o 19 de febreiro.

Os xogos que poderemos conseguir de balde en Steam son Streets of Rage 2 (todo un beat’em up de referencia) e The Revenge of Shinobi, mentres que os xogos que se unen á campaña de SEGA chegan de compañías como Creative Assembly, Relic Entertainment e Amplitude, e que incluiría descontos no xogos Total War: WARHAMMER, Total War: WARHAMMER II, Endless Space 2, Company of Heroes 2 e Warhammer 40.000: Dawn of War III, títulos dos que contarán o número de horas xogadas que botarán os que se inscriban a esta iniciativa e, de superar certos obxectivos diarios, suporá o desbloqueo de novos premios para todos os participantes.