El Correo Gallego

Tecnoloxía

A sétima xeración dos Moto G prepara a súa chegada

Entre os novos móbiles destaca o Moto G7 Power con batería de 5.000 mAh, ou sexa, cuns tres días de autonomía

MARCUS FERNÁNDEZ  | 07.02.2019 
A- A+

Durante bastante tempo os móbiles da serie Moto G foron dos máis recomendados do mercado, e a nova xeración desta familia podería recuperar a confianza grazas a ter conformado un amplo abano de terminais que se adaptaban a bastantes perfís de usuario.
Para quen busque un smartphone cunha boa cámara temos o novo Moto G7 Plus, que conta cunha cámara traseira dual de 16 + 5 Mpíxeles con estabilización óptica de imaxe, que grazas ao uso da intelixencia artificial tamén consegue grandes instantáneas. Funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 636, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 512 GB), pantalla Full HD+ de 6,2 polgadas, lector de pegadas dixitais, desbloqueo facial, e unha batería de 3.000 mAh con carga USB-C a 27 watts que permite que con só 15 minutos de carga o terminais opere até 12 horas. Chegará a mediados de mes ás tendas e confíase que o seu prezo sexa de 299,99 euros.
Máis modesto sería o Moto G7, cun procesador Qualcomm Snapdragon 632, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento ampliable mediante tarxetas de até 128 GB, cámara traseira dual de 12 + 5 Mpíxeles, pantalla Full HD+ de 6,2 polgadas e unha batería de 3.000 mAh con carga rápida de 15 watts (o que permite gozar de 9 horas de uso con só 15 minutos de carga). O seu prezo oficial nos seus primeiros países aos que chegará este título é de 299 dólares.
Pero o smartphone máis demandado de todos podería ser o Moto G7 Power, móbil que sorprende por incorporar unha batería de 5.000 mAh que poderían achegarlle unha autonomía de até 60 horas, ou sexa, que sería capaz de funcionar até 3 días seguidos sen recargar a súa batería. As cargar realizaríanse por USB-C a 15 watts, de xeito que con 15 minutos de carga o móbil podería funcionar até 9 horas.Cun procesador Qualcomm Snapdragon 532, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 512 GB), unha pantalla HD+ de 6,2 megapíxeles, cámara traseira de 12 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles e un prezo de venda recomendado de 249 dólares.
Outro móbil bastante asumible sería o Moto G7 Play, que custará 199 dólares e integrará un procesador Qualcomm Snapdragon 632, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento (amplible mediante tarxetas microSD de até 128 GB), cámara traseira de 13 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles e pantalla HD+ de 5,7 polgadas, que claramente é un dispositivo pouco potente, que como principal vantaxe tería o presentar un tamaño relativamente compacto. Ten unha batería de 3.000 mAh con carga rápida a 10 watts por USB-C.