El Correo Gallego

Tecnoloxía

The C64: volve o Commodore 64

En decembro sairá á venda unha recreación do Commodore 64 con saída HDMI e a posibilidade de cargar software por USB

MARCUS FERNÁNDEZ  | 26.06.2019 
A- A+

Hai algo máis dun ano chegou ás tendas The C64 Mini, unha versión reducida do clásico ordenador Commodore 64 que viña con 64 xogos precargados e un mando de tamaño real, pero que ao ter un tamaño miniaturizado o seu teclado era meramente decorativo, estragando completamente a experiencia de uso para os máis nostálxicos, o que traduciuse nun rotundo fracaso en vendas.
Pero os promotores deste produto souberon entender o seu meirande erro, e anuncian quen en decembro teremos nas tendas o The C64, unha revisión da máquina anterior, pero que desta volta ten un tamaño completo, de xeito que o seu teclado é funcional e, aparte de servir para gozar dos 64 xogos que inclúe precargados, tamén pode utilizarse para programar en BASIC ou para cagar programas propios, polo que podemos velo como unha reedición do ordenador clásico, pero cunha saída HDMI a 720p, de xeito que sería compatible cos televisores actuais.
O The C64 pode funcionar tanto en modo C64 como en VIC 20 (ordenador cunha aparencia semellante ao Commodore 64 que o mesmo fabricante lanzara preto de tres de anos antes), e conta tamén cun modo carrusel de xogos no que poder acceder aos seguintes títulos: Alleykat, Anarchy, Attack of the Mutant Camels, Avenger, Battle Valley, Bear Bovver, Boulder Dash, Bounder, California Games, Chips Challenge, Confuzion, Cosmic Causeway, Cyberdyne Warrior, Cybernoid II, Deflektor, Destroyer, Everyone’s a Wally, Firelord, Galencia, Gateway to Apshai, Gribbly’s Day Out, Gridrunner (VIC 20), Heartland, Herobotix, Highway Encounter, Hover Bovver, Impossible Mission, Impossible Mission II, IO, Iridis Alpha, Jumpman, Mega Apocalypse, Mission AD, Monty Mole, Monty on the Run, Nebulus, Netherworld, Nodes of Yesod, Paradroid, Pitstop II, Planet of Death, Psychedelia (VIC 20), Ranarama, Robin of the Wood, Silicon Warrior, Skate Crazy, Speedball 2, Spindizzy, Steel, Street Sports Baseball, Street Sports Basketball, Summer Games II (includes Summer Games events), Super Cycle, Sword of Fargoal, Temple of Apshai Trilogy, The Arc of Yesod, Thing Bounces Back, Thing on a Spring, Trailblazer, Uridium, Who Dares Wins II, Winter Games, World Games e Zynaps.
O prezo de venda deste novo trebello será superior aos 79,99 euros da versión mini, e chegará ao mercado a un prezo de 119,99 euros, o que claramente fará que non sexa un produto tan masivo como as consolas mini que están de moda, pero que si podería ser máis atinado para certo perfil de usuario amante do retro que queira rememorar os vellos ordenadores persoais.