Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha correa de reloxo para facer electrocardiogramas

O novo accesorio para o Apple Watch vén de recibir a aprobación da FDA nos EE.UU., confirmando a súa fiabilidade.

Aínda que hai quen defenda a utilidade de dispositivos como o Apple Watch para alertar de certos problemas de saúde, cómpre destacar que estamos ante un trebello de consumo, que non busca tal nivel de precisión, de aí que existan accesorios de uso médico, que agora tamén poden empregarse en combinación co reloxo de Apple, como o novo lector de electrocardiogramasKardiaBand, que ten forma de correa para o Apple Watch évén de recibir a aprobación da FDA nos EE.UU., o que supón un importante paso para o reloxo da compañía de Cupertino.
Esta pulseira para o Apple Watch permite analizar o noso ritmo cardíaco en só 30 segundos, e a través da aplicación SmartRhythm podemos aproveitar os propios sensores do reloxo para avisar cando sería convinte realizar un electrocardiograma por detectar un ritmo cardíaco inconsistente.
A pulseira comercialízase a un prezo de 199 dólares nos EE.UU. (en breve poderámercarse en España), aínda que os usuarios que non conten cun Apple Watch tamén poden facerse con KardiaMobile, un lector de electrocardiogramas con forma plana, que pode funcionar tanto con iPhone coma con smartphones con Android, e queen España pode adquirirse por 139 euros, aínda que carece da vantaxe de que o reloxo avise cando é convinte realizar unha medición do ritmo cardíaco para detectar posibles problemas.

01 dic 2017 / 13:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito