El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

WONDERBOOM 2: uns altofalantes sen fíos potentes e resistentes á auga

A renovación dos WONDERBOOM mellora en potencia sonora, autonomía e permite emparellar dous altofalantes para conseguir son estéreo.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 05.06.2019 
A- A+

Hai un par de anos Ultimate Ears lanzou por 99,99 euros uns interesantes altofalantes portátiles sen fíos de pequeno tamaño e grande potencia, os UE WONDERBOOM, que levan un tempo sendo doados de atopar de oferta a 49 euros, no que agora podemos entender como un xeito de desfacerse de existencias deste modelo de cara ao lanzamento do WONDERBOOM 2, versión mellorada dun produto que conseguiu converterse en todo un referente.
O novo altofalante Bluetooth WONDERBOOM 2 ofrece un son de 360 graos aínda maior que antes e con graves adicionais, a súa batería medra até as 13 horas de duración, incorpora protección con certificación IP67 (de xeito que pode soportar tranquilamente as inclemencias meteorolóxicas e o seu uso en exteriores), presume dun verdadeiro emparellamento estéreo Double Up e consegue manter a súa atractiva estética co seu tecido de punto de 2 tons.
O UE WONDERBOOM 2 é un altofalante ideal para levar de excursión á praia ou de aventura en bicicleta, podendo gozar dun son potente e de calidade en todo momento. Para o seu uso en exteriores conta coa nova función Outdoor Boost, que con premer un botón na súa parte inferior activa un nivel de son máis alto e nítido, cun ecualizador integrado e preaxustado que se adapta a calquera contorno exterior.
Estes novos altofalantes chegan en varias cores e manteñen o seu prezo orixinal de 99,99 euros.