El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Xiaomi tamén vende ciclomotores eléctricos

As motos Super Soco teñen baterías eléctricas con autonomías de até 80/100/120 quilómetros e con prezos que van entre os 633 e os 944 euros.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 24.04.2018 
A- A+

Coa chegada da súa distribución oficial en España, Xiaomi trouxo a súa popular Mi Electric Scooter, un patinete eléctrico moi atractivo que é só unha pequena mostra do que podería traer o fabricante chinés no futuro se atendemos aos novos produtos que porá agora á venda en China: o ciclomotor eléctrico Super Soco.
Falamos un vehículo eléctrico que véndese en 3 modelos en función da súa autonomía, de xeito que cun ciclo de carga podería circular 80, 100 ou 120 quilómetros (tras 7 horas de carga), custando estas motos 4.888, 5.988 e 7.288 iuans respectivamente (633, 776 e 944 euros), prezo moi atractivo para un produto tan completo, que incluso conta con pedais para poder moverse no caso de quedar sen batería.
A moto acenderá os seus faros de xeito automático, a súa batería pode aproveitarse para recargar outros trebellos por USB e, como grande curiosidade, integra unha cámara frontal de 138 graos e resolución Full HD de xeito que pode configurarse para gravar os desprazamentos, o que en moitos países resulta de grande utilidade para clarexar o acontecido en caso de accidente. As novas motos Super Soco conéctase co móbil a través de Wi-Fi e Bluetooth, e contan con aplicacións móbiles para iOS e Android que permiten monitorizar practicamente todos os elementos deste vehículo eléctrico que sairá á venda dentro dun mes.
Polo momento descoñécese se chegará a España un produto como este, que para moitos podería ser a porta de entrada no emerxente mundo dos vehículos eléctricos.