Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A actividade cultural está lonxe dos niveis anteriores ao covid

O Observatorio do CCG indica que o sector recuperouse un pouco despois do confinamento

O confinamento motivou as cifras máis baixas da última década da actividade cultural da cidadanía. Só o 20,1 % da poboación galega puido saír cear, a cafetarías, ir ao cine e ao teatro en Galicia entre abril e xuño. Ademais, os plans de lecer dos fogares galegos de cara ao futuro tamén están nos niveis máis baixos desde 2011.

Estes son algúns dos indicadores da Conxuntura estatística do ámbito cultural. Outubro de 2020 que acaba de facer pública o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega. O documento tamén explica que, superado o confinamento, o sector da cultura mantivo unha pequena recuperación pero está lonxe dos niveis anteriores ao inicio da pandemia.

A confianza dos consumidores con relación ás actividades de lecer sitúase nos peores niveis desde 2010. Os resultados do terceiro trimestre deste ano, que se corresponderon co período de “desescalada”, revelan que nesa época as expectativas manifestadas pola cidadanía melloran a partir dese período, dado que soben do 19,4 % ao 36,1 % os fogares que teñen pensado facer unha destas actividades de lecer nos vindeiros tres meses.

No relativo aos prezos dos produtos culturais, as cifras experimentan unha baixada acusada en conxunto, o que dá conta dunha situación de debilidade xeral.

Segundo os resultados deste estudo, a realidade empresarial da cultura mantivo un comportamento diferente con respecto ao resto de sectores culturais. O ritmo de creación de empresas culturais foi mellor para o sector da cultura (que só baixou un 6,2 %), que con respecto ao conxunto da economía (un 19,6 %).

En troques, afectoulle máis á cultura a baixada do comercio exterior que a outros sectores. As importacións de produtos culturais caeron un 65,3 % entre xaneiro e setembro e as exportacións un 60 %.

Con respecto ao emprego, despois dos grandes descensos dos meses de marzo e abril, nas empresas culturais iniciaron unha recuperación. Malia isto, ese incremento foi lixeiramente menor no ámbito da cultura (+3,4%) que no conxunto do emprego (+3,6%).

29 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.