Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A artista colombiana Amparo Sandino, hoxe no ‘Bamboleo’

O programa da TVG tamén contará esta noite coa presenza do cantante tudense G-Face e da orquestra portuguesa TOP5

‘Bamboleo’ chega un sábado máis con Xosé Manuel Piñeiro á fronte e co seu equipo de colaboradores: Tamara Pérez, Claudio Pan, Damián Cortés, Javier Varela e Isi. Esta noite visita o programa unha artista colombiana que acaba de celebrar as vodas de prata no mundo discográfico: Amparo Sandino.

A compositora, guitarrista e cantante compartirá grandes éxitos destes 25 anos de carreira como ‘Gózate la vida’ ou ‘Camino del corazón’. Ademais, a raíña do tropipop comentará novidades e participará dos xogos que os colaboradores teñen preparados para ela.

Outro dos convidados da noite será o cantante tudense G-Face, que acaba de fichar por unha gran multinacional. Despois de varios sinxelos de éxito, hoxe vén a ‘Bamboleo’ a presentar o seu último lanzamento, que leva por título ‘Te fuiste’.

Tamén haberá tempo para as actuacións da orquestra portuguesa TOP5, unha formación que xa actuou en Galicia. Ademais, a parella de baile deportivo formada por David e Diana, situados entre as 40 mellores do mundo na modalidade de latino, ofrecerá dúas magníficas exhibicións.

No ‘Agora ou Nunca’ estarán Mimi Casesmeiro e Dámaso Tesorero, que cantarán ‘Zombie’, de Cranberries, e ‘Si tú me besas’, de Víctor Manuelle. En ‘A Jrileira’ participarán Dani, pola Asociación Cultural Adro de Vilaño do Concello da Laracha, e Clara, polo Club Deportivo Cariño. Cantarán ‘Desesperada’, de Marta Sánchez e adiviñarán intérpretes.

As risas están aseguradas cos contos de Isi, o furacán de Arca. E para rematar, cara ao final do programa, chegará unha nova entrega da ‘ITV do Amor’, a sección en que un participante do público terá que adiviñar cal é a parella de Nati en función das respostas dos posibles mozos: Pablo, Uri e Abel.

‘GALICIA DE 20 A 20’. O espazo ‘Galicia de 20 a 20’ continuará hoxe o seu percorrido pola provincia de Lugo para adentrarse na súa montaña. Comezará pola Fonsagrada, onde Ruth Matilda Anderson fixo moitas fotos no día da feira. O programa visitará o Museo da Fonsagrada para falar con Nenoso Ortiz e localizar os lugares destas imaxes. Despois coñecerá a Lucía Arias, a tataraneta da panadeira Ramona, retratada hai cen anos vendendo o seu pan ao pé da igrexa.

Antes de deixar A Fonsagrada, ‘Galicia de 20 a 20’ desviarase un chisco do itinerario para coñecer a Antonio Fernández ‘Paradiñas’, veciño da Pobra de Burón. Este home ten unha memoria máis grande que a montaña que habita e seguro que ten moito que contar.

A seguinte parada será en Becerreá, onde Ruth fixo unha foto da procesión do Corpus Christi. O equipo do programa visitará a vila para aclarar o misterio desta foto, xa que parece ser que a igrexa provisional que sae nela é hoxe en día o bar Correos. Nesa mesma rúa viviu Maruja Roca, unha fotógrafa que deixou unhas imaxes máxicas do Becerreá dos anos 40. Sonia Méndez e Leticia T. Blanco falarán con Nieves Neira, sobriña da fotógrafa e coautora do libro ‘O feitizo de Maruja Roca’.

A etapa de hoxe rematará xa na provincia de Ourense, no concello da Teixeira, para falar con Fernando González, propietario das adegas Algueira, porque resulta que Ruth retratou unha das súas terras hai cen anos.

‘TAL COMO SOMOS’. O programa ‘Tal como Somos’ porá hoxe o seu foco na emigración. Galicia sempre estivo vinculada a ela, ata o punto de que algúns a consideran parte da idiosincrasia do pobo galego, pero nada máis lonxe da realidade. As circunstancias políticas e económicas foron a principal motivación para ese importante éxodo.

10 dic 2022 / 00:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.