Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ourense StradeTermal

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, estivo en Lobios para a saída

Ourense. Onte tivo lugar a nova edición da proba cicloturista Ourense Strade Termal, que levou aos preto de 400 inscritos pola riqueza natural e paisaxística da Baixa Limia e da fermosa vila de Tourem, en Portugal. A xerente do Inorde, Emma González, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, estiveron onte en Lobios, para acompañar aos deportistas na saída desta proba que forma parte do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo.

Esta cuarta edición tivo ademais, cun padriño de excepción, o exciclista, podium en Tour de Francia e La Vuelta España, Fernando Escartín, que luciu o dorsal número 1 na súa bicicleta e completará o percorrido Gran Fondo polo Xurés.

Ourense Strade Termal é unha proba organizada polo Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, mediante un convenio de colaboración entre ambas administracións que ten como obxectivo “promocionar o noso potencial turístico a través do deporte, e que nos permite atraer a numerosos visitantes a esta fermosa comarca que, tras participar na Strade Termal, seguramente volverán ao noso territorio para gozar da nosa natureza, gastronomía, patrimonio e termalismo”, salientou a xerente do Inorde, quen engadiu que este tipo de eventos “permiten desestacionalizar a oferta turística e dinamizar a vida económica e social da nosa provincia”.

Este ano, como novidade, uníronse por primeira vez á proba os concellos de Entrimo, Lobeira, Bande e Calvos de Randín, que xunto aos concellos que xa forman parte da historia da proba como son Lobios e Muíños, ofreceron “unha panorámica inesquecible da riqueza natural e paisaxística que lle pode ofrecer a nosa provincia aos visitantes”, dixo Emma González. Ademais, os cicloturistas pasaron a fronteira de Portugal pola vila de Tourem, e degustaron, grazas á Cámara Municipal de Montalegre, os pasteis de nata, un símbolo que se repite cada ano na Ourense Strade Termal. A proba ofreceu aos participantes a posibilidade de inscribirse en dous percorridos: un gran fondo de 132 quilómetros e 1800 metros de desnivel e outro de medio fondo de 89 quilómetros e case 1500 m. ECG

14 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito