Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 07 febrero 2023
09:08
h

A balneoterapia serve para complementar os tratamentos da psoríase

saúde. A Cátedra de Hidroloxía Médica Universidade de Santiago-Balnearios de Galicia promove o ciclo A saúde é o que importa. Esta iniciativa, que se poñía en marcha no ano 2019, está destinada a difundir entre a sociedade o valor terapéutico actual da cura termal.

Onte celebrouse a primeira sesión deste ano que, debido á actual situación sanitaria provocada pola COVID-19, fíxose de xeito online.

Esta primeira charla foi ofrecida pola doutora Virginia Fernández Redondo, catedrática de Dermatoloxía da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.

Nela abordou as indicacións da cura balnearia para o tratamento da psoríase, os eccemas e outras doenzas da pel. A doutora Fernández Redondo salientou que “no caso da psoríase, a cura termal emprégase desde hai máis de dez séculos”. Tal como indicou a doutora, “existen diferentes tipos de psoríase, polo que será o especialista o que aconselle a pauta máis axeitada a cada caso. As aguas termais ricas en calcio e en magnesio parecen ser as máis indicadas. Os tratamentos deberán seguirse durante un mínimo de tres semanas. As augas mineromedicinais úsanse debido aos seu poder antiinflamatorio, favorecen a descamación e a microcirculación, o que repercute na calidade de vida do paciente”. ECG

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.