Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A cantante Lucía Pérez, hoxe no ‘Imos navegando’ da TVG

Roko, Pili Pampín e Ortiga ofrecerán música e diversión na nova entrega do ‘Bamboleo’ desta noite na canle autonómica

Desde a Ribeira Sacra, en Belesar amencendo, o presentador de Imos navegando, Rubén Prieto, atópase coa cantante Lucía Pérez. Con ela, o presentador percorrerá a penúltima etapa desta aventura da Televisión de Galicia, entre a localidade de Belesar e a cidade de Lugo.

Antes de chegar á cidade amurallada, visitarán lugares como a antiga Portomarín, falarán de pasado e de futuro, e prepararanse para unha actividade na que Lucía terá que concentrarse en manter o equilibrio.

Bamboleo ofrecerá unha destacada proposta de lecer para a noite do sábado. Xosé Manuel Piñeiro contará con convidados como Pili Pampín, Ortiga e unha artista andaluza cunha voz prodixiosa que triunfou en diversos programas de talentos na televisión nacional: Roko. No vayas por ahí é o título do novo sinxelo de Roko que hoxe interpretará en Bamboleo.

Estarán taménno programa dous artistas galegos que, á parte de continuar coa súa carreira como solistas, acaban de presentar unha colaboración moi curiosa, en que mesturan tradición galega e ritmos tropicais.

A cantante Pili Pampín e o artista Ortiga uníronse para crear unha particular versión do Eu chorar, chorei e hoxe vana cantar en Bamboleo.

A orquestra convidada esta noite vén desde Cantabria chámase Super Hollywood e ofrecerá unha selección de temas do seu repertorio.

No Dirtidansi estarán Dani e Alba, unha parella que, cos seus magníficos bailes, dá boa mostra da súa progresión.

O Agora ou nunca estará protagonizado por Cris Pereira, que interpretará o tema Pantera en libertad, de Mónica Naranjo, e Manu Señarís, que cantará Temperamento, de Carmen Flores. En A Jrileira participarán a Sociedade Deportiva Barallobre, de Fene, e a Sociedade Deportiva Negreira, dous clubs de fútbol. Os seus representantes cantarán No mires a los ojos de la gente, de Golpes Bajos, e despois intentarán adiviñar o maior número posible de cantantes en minuto e medio.

Unha noite máis, Isi romperá moldes contando as súas historias máis divertidas, mentres que Claudio Pan e Tamara Pérez porán os convidados a proba cos seus xogos. Eles, xunto con Damián Cortés e Javier Varela, volverán xogar en A ITV do amor e a ver quen acerta.

Sabadeando celebra hoxe os seus 50 programas con actuación de grandes orquestras galegas como a Panorama, El Combo Dominicano, a Finisterre, a Olympus e a orquestra Cinema.

O espazo da TVG estará esta tarde en directo na comarca do Morrazo, en Moaña e Cangas. Os cangueses celebran o Mercado do Revolto, unha feira ateigada de veciños e visitantes e onde se congregan artesáns chegados de varios puntos da Península. Desde Moaña, Fátima Mella dará conta da sétima edición da súa Feira Medieval.

Pola súa parte, Olaya Rivas viaxará ata a Mariña lucense, onde celebra a novena edición da Festa Castrexa de Burela, que este sábado enche as rúas de troula cunha programación dedicada ao pasado castrexo da vila. Xogos, xantares e mercados, todos eles castrexos, son algunhas das actividades que os espectadores gozarán en directo, ademais dunha pandeirada a cargo das Grileiras de Ledicia e un fabuloso desfile dos diferentes clans castrexos con Dambara Burela.

Mentres, Tania Veiras dará conta das Festas de Ourense, que finalizan este mes de xuño con opcións no programa para todos os gustos.

25 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.