Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Cidade da Cultura fará un curso de cociña en liña desde o 13 de xuño

GASTRONOMÍA. A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura (www.cidadedacultura.gal) Cociñeiras ilustradas. Trátase dun curso de cociña en liña para que as familias preparen coa cativada divertidas e sinxelas receitas, que lles serán explicadas en vídeos de animación cos debuxos de cinco recoñecidas ilustradoras galegas: Ana Varela, Ángeles Díaz, Nuría Díaz, Laura Tova e Dani Padrón. Van facer divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada comezará a emitirse en liña pola páxina web da Cidade da Cultura (www.cidadedacultura.gal) e polas súas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) a partir do sábado 13 de xuño. Deste xeito, dáselle continuidade á actividade familiar de fin de semana como o propio Club das Lerchiñas, unha sesión de contacontos os sábados e que remata o vindeiro 6 de xuño, á vez que se procura darlle visibilidade ao talento, calidade e versatilidade nos seus traballos ao sector da ilustración en Galicia. Emitiranse en liña, cada sábado, do 13 de xuño ao 11 de

xullo, ás 10 horas con dúas vídeo-receitas explicadas e animadas cos debuxos dunha cociñeira ilustrada. Ecg

28 may 2020 / 23:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito