Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A cociña de vangarda atopa na artesanía un factor ben diferencial

Francisco Conde salienta esa vantaxe nas terceiras xornadas Artesanía no Prato

Santiago. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou este luns na súa visita ás III Xornadas Profesionais Artesanía no Prato que a cociña de vangarda, na que o cliente busca unha experiencia única que vai máis alá da gastronomía, atopa na Artesanía de Galicia un factor de distinción e diferenciación. Tal e como remarcou o vicepresidente económico, isto, unido á excelencia dos produtos, permite gozar da mellor Galicia Calidade. Estas xornadas celebradas na Cidade da Cultura, son un espazo de colaboración e debate que consolida a artesanía como a presentación máis acaída para o mellor produto galego. No encontro, que rematou este luns, 33 obradoiros da marca Artesanía de Galicia buscan novas oportunidades de comercialización, amosando os seus produtos e ofrecendo solucións a medida a profesionais da restauración, a decoración de interiores ou a organización de eventos.

Conde, que fixo fincapé en que a artesanía é un polo de talento e emprendemento, sinalou que 10 dos obradoiros participantes o fan nesta edición por primeira vez. Na actualidade están rexistrados 3299 artesáns e 749 obradoiros, xerando a artesanía máis de 7800 empregos na Comunidade. Ademais, arredor da metade dos novos obradoiros que se rexistran en Galicia responden a un perfil de novos talentos.

Tal e como apuntou o vicepresidente económico, a súa incorporación enriquece o tecido artesanal galego con novas competencias e disciplinas, formación, visións e modelos de negocio. Isto, unido ao saber facer dos artesáns galegos, permite que poidamos falar dun sector forte, variado e competitivo. ECG

23 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.