Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Coruña máis Sevilla asinan un acordo para as cidades do futuro

Queren respostar dese xeito as demandas actuais da cidadanía despois da pandemia

Santiago. Os Concellos da Coruña e Sevilla asinaron este luns un convenio para impulsar o desenvolvemento de ámbalas dúas cidades e acadar con éxito a construción de urbes de futuro, que respondan as demandas actuais da cidadanía. En concreto, o acordo contempla a posta en marcha de proxectos en común nos ámbitos do medio ambiente, políticas de vivenda social, cultura, educación, turismo e dinamización das pemes. O acordo foi asinado pola rexedora da Coruña, Inés Rey, e o alcalde da capital hispalense, Juan Espadas, nun acto que tivo lugar no consistorio sevillano. Con este convenio, dixo, pretendemos pór en marcha novas iniciativas que sirvan para mellorar a calidade de vida da cidadanía e deseñar as cidades despois da pandemia.

Rey lembrou que o protocolo ten a súa orixe nun irmandamento entre Emalcsa, a empresa municipal de augas da Coruña e Emasesa, Empresa Metropolitana de Abastecemento e Saneamento de Augas de Sevilla S.A. “E esa coordinación e bo facer foi medrando, ampliando os seus ámbitos de actuación ata converterse no protocolo de colaboración que hoxe asinamos entre o Concello de Sevilla e A Coruña”, dixo.

Rey quere acometer proxectos conxuntos e afrontar retos dunha maneira máis eficiente e un dos obxectivos “é conseguir fondos para executar novas iniciativas”. E destacou que, a pesar de que ámbalas empresas traballan no ámbito do abastecemento e saneamento, “o Concello non se pecha a outros sectores: desde políticas claves para os cidadáns e cidadás como a vivenda, a educación e os recursos humanos, até ámbitos económicos relevantes para ámbalas cidades como o turismo, a cultura”. ECG

20 sep 2021 / 20:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.