Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Crtvg pecha as contas en superávit por décimo terceiro ano consecutivo

O director xeneral da entidade pública presenta o balance do último exercicio no Parlamento

A Crtvg non ten débedas bancarias e afronta o futuro con solidez financeira. A corporación dos medios públicos galegos obtivo no 2021 un resultado orzamentario en posición de superávit de 2,8 millóns de euros, consolidando a redución do déficit histórico acumulado, segundo as contas anuais presentadas este xoves no Parlamento de Galicia. En total, no período 2009-2021 saneáronse 39,5 millóns (un 77,4 %) sobre a débeda existente en 2009, grazas ao percorrido positivo de trece anos de xestión económica e financeira.

Esta actuación fixo tamén posible amortizar a débeda bancaria xa no “ano 2013, no que desaparece a débeda bancaria da corporación, que era de 32 millóns de euros”.

O director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, presentou este xoves as contas correspondentes ao ano pasado ante a Comisión de Control da Crtvg, onde sinalou que o servizo público de comunicación está “comprometido co significado social do ente como axente da vida colectiva de Galicia no plano institucional, cultural e económico, mesmo no seu papel de referencia na construción colectiva do país”.

Estes resultados acádanse nun marco de redución orzamentaria, o cal “revela unha importante capacidade da xerencia orzamentaria, en clave de mellora da produtividade e da coherencia dos custos.

Así, o orzamento pasa de 146,8 millóns de euros en 2009 a 110,3 en 2021. En consecuencia, diminuíu en 36,5 millóns, que representan unha porcentaxe do 25 % e permite afirmar que mellora obxectivamente a eficiencia ao acadar mellores resultados a un custo menor.”

Esta xestión (2009-2022) permitiu reequilibrar a situación patrimonial e financeira na que estaba a corporación levada pola acumulación histórica de déficits de tesourería non presupostados anteriores ao 2009.

En canto á estrutura patrimonial, “medrou en valores absolutos desde 2009 en 17,1 millóns, o que representa un incremento do 56 %.

As contas presentadas amosan así mesmo indicadores positivos de liquidez, de recursos de capital e de endebedamento, o que permite soster a actividade da corporación e apoiar o seu crecemento e a innovación a través de novos investimentos e proxectos de futuro”.

Nesta liña, a transformación dixital é un vector estratéxico orientado a maximizar a difusión de contidos a través das canles dixitais e das novas plataformas OTT.

O director xeral explicou que a Crtvg traballa “nos catro vectores que a Estratexia dixital de Galicia 2030 determina que debe ter unha empresa pública: igualdade dixital, foco nas persoas, impulso dun ecosistema dixital forte e liderado dixital”.

“A corporación exerce unha tracción decisiva como motor do sector audiovisual galego, na medida que está comprometida coa elaboración da maioría dos seus contidos en Galicia”, expuxo tamén Sánchez Izquierdo.

O resultado positivo nas contas permitiu reducir a temporalidade, que no 2009 se situaba por riba do 40 %. A xestión estivo centrada na “execución dun plan de benestar laboral caracterizado por un compromiso inequívoco co emprego de calidade e a estabilización completa do cadro de persoal que se materializa na Resolución do 24 de maio de 2022, polo que se aproba a oferta de emprego cun total de 270 prazas”.

Música e diversión en ‘Luar’ con King África

···O arxentino King África irrompe este venres en ‘Luar’ para encher de festa a edición desta xornada festiva. Neste programa da Galega, en que teñen cabida todo tipo de ritmos, proporase un cambio de rexistro para gozar da música de Sara e Encarna Salazar, as intérpretes de Alazán. O coñecido dúo de irmás interpretará dous dos seus éxitos musicais, entre os que presentarán o novo remix do seu tema ‘Alcanzarás la luna’, co que venderan máis de 50.000 copias e fora disco de ouro. ‘Luar’ recibe tamén esta noite o Dúo Vaguedades, formado por Isabel Risco e Fran Rei, unha proposta musical divertida para as nosas festas e romarías, que reivindica coas súas letras a galeguidade e a universalidade da nosa lingua. O mazaricano Christian Pensado, exrecanteiro da tempada 2016/17 do programa, interpretará o recente éxito de Marlon, ‘De perreo’, un tema fresco, actual e moi pegadizo. Precisamente, esta noite despediranse de ‘Recantos’ catro concursantes e outros catro clasificaranse para as semifinais.

24 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.