Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 20 mayo 2022
02:02
h

A exposición de Antonio Palacios ensalza os seus soños de modernidade

MOSTRA EN VIGO O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou este sábado ao arquitecto Antonio Palacios na exposición que amosa os seus “soños de modernidade e compromiso con Galicia”, e incidiu que entre eses soños de modernidade estaba a cidade olívica.

Ao longo da súa intervención, o mandatario destacou que este “galego universal” foi o artífice da arquitectura de Galicia de calidade.

“Probablemente non o valoramos como se merece”, asegurou, engadindo que Galicia está intentando devolverlle con esta mostra a débeda de gratitude permanente que temos con el.

Nese sentido, e no que se refire ao seu obxectivo de facer un Gran Vigo, o presidente da Xunta puxo como exemplo desa grandeza desexada obras como o Teatro García Barbón ou o edificio Banca Viñas-Aranda.

Durante o acto, e aproveitando a presenza do alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, por ser unha cidade que alberga grandes obras do arquitecto galego, o titular do Goberno galego afirmou que Antonio Palacios é un máis na sucesión de galegos que tenderon pontes con Madrid.

Avanzou que a Xunta traballa para que Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia, viaxe á capital de España. ecg

04 dic 2021 / 17:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.