Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Festa do Jazz de Lugo une a centos de persoas

    Lugo. A II Festa do Jazz Galego, celebrada este domingo en Lugo, volveu convertirse, nesta segunda edición, nun éxito imparable, coa asistencia de centenares de persoas que se achegaron até a Praza de Santa María en Lugo para disfrutar de seis horas de música en directo, nunha cita que naceu no 2020 con vontade de convertirse en constante e festexar o jazz en Galicia.

    Co fin de garantir a seguridade de todos os asistentes, profesionais e público, os accesos contaron cun control constante e aforos limitados, asi como con postos de desinfección.

    Na Jam Session, de seis horas de duración, participaron 114 músicos profesionais de toda Galicia, e 10 bailaríns, que interpretaron e bailaron pezas clásicas de diversos estilos dos primeiros anos do xénero, dende 1910 até os anos 50A cita, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21, foi presentada por Jacobo Sutil, director do Agadic, que fixo fincapé na importancia de manter as medidas de seguridade e saúde para que a cultura siga a ser unha actividade segura, e agradeceu a músicos, técnicos e público a súa cooperación, e por Alberto Grandío, presidente da Asociación Escobi Jazz, organizadora do evento, que reiterou a intención de convertir esta cita, que celebraba a sua segunda edición, nunha actividade anual que permita festexar o jazz en Galicia, onde conta non so cunha crecente base de afeccionados, senón tamén cunha amplísima cantidade de músicos profesionais cuxa arte é recoñecida en todo o mundo. ECG

    30 ago 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.