Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 11 julio 2020
21:32
h

A Fundación BBVA premia a investigadores da UDC

Tres profesores e dous alumnos foron recoñecidos con tres dos galardóns máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da Informática

A empresa Torusware, xurdida da iniciativa dos profesores da Universidade da Coruña Ramón Doallo, Juan Touriño e Guillermo López, así como os alumnos, xa titulados, Adrián Pérez Diéguez e Daniel Valcarce Silva foron recoñecidos con tres Pre-mios de Investigación Socie-dad Científica Informática de España (SCIE)-Fundación BBVA.

Os Premios Nacionais de Informática, unha das modalidades dos Premios de Investigación concedidos anualmente pola SCIE e a Fundación BBVA, constitúen os galardóns máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da Enxeñaría Informática.

Estes premios están dirixidos a recoñecer o labor de investigadores, entidades públicas e privadas na área da informática que dedican a súa carreira profesional e o seu esforzo ao estudo, fortalecemento e divulgación desta disciplina.

A empresa participada pola UDC Torusware gañou o Premio Ramón Llull “pola súa actividade no ámbito da computación de altas prestacións e a súa aplicación ao procesamento de grandes volumes de datos, o seu dinamismo e aposta pola I+D+i e polo seu impacto nacional e internacional”. Torusware está especializada na análise, deseño e implantación de plataformas de alto rendemento para análise de datos e calidade de software en ámbitos de servidores corporativos e na nube. Axuda ás compañías a extraer valor ben dos seus datos, ben de proporcionar software de calidade con melloras máis frecuentes e menos fallos mediante a análise do comportamento do software.

Para a empresa, explicou un dos seus cofundadores Guillermo López Taboada, este premio “supón o recoñecemento a nosa aposta pola especialización, posto que nos dedicamos a proxectos moi específicos de alto valor engadido”. Tanto o profesor López como Doallo e Touriño son investigadores do Grupo de Arquitectura de Computadores na Facultade de Informática e desenvolven a súa investigación no Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación da UDC.

Ademais, entre outros premiados, a Sociedad Científica Informática de España e a Fundación BBVA recoñeceron aos alumnos da Facultade de Informática, xa titulados, Adrián Pérez Diéguez e Daniel Valcarce Silva na modalidade de Premios Investigadores Jóvenes Informáticos.

Adrián Pérez Diéguez foi premiado “polas súas aportacións á computación de altas prestacións (HPC) que permiten procesar grandes volumes de datos (Big Data) mediante a adaptación de algoritmos para a súa execución en arquitecturas heteroxéneas”. Este premio é o resultado da súa investigación no período de doutoramento na UDC entre os anos 2014 e 2018 no eido da Computación de Altas Prestacións, concretamente nas tarxetas gráficas. O doutor en Enxeñaría Informática Pérez Diéguez resaltou que “este mérito é compartido cos meus directores de tese e a xente do Matsuoka Lab do Tokyo Institute of Technology, centro onde fixen dúas estancias, pois todos eles aportaron coñecemento na miña investigación”. Desde febreiro de 2019 traballa como Digital-Marketing Data Lead en Zara.com (Inditex).

Daniel Valcarce Silva, Software Engineer en Google foi recoñecido “polas súas aportacións no campo da recuperación de información e os sistemas de recomendación, que se reflicten nas súas publicacións de primeiro nivel, e que o levaron a formar parte dun equipo internacional que traballa na mellora de asistentes personais utilizando técnicas de linguaxe natural e aprendizaxe automática”. Este premio pon en valor a súa tese de doutoramento no campo da recuperación de información e os sistemas de recomendación. Segundo explica Valcarce, “a recuperación de información estuda como organizar e buscar en grandes cantidades de datos como fan, por exemplo, os motores de procura web.

01 jun 2020 / 21:01
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito