Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Fundación Blanco Amor publicará tres novos traballos sobre o escritor

O Padroado desta institución acordou tamén a realización dun traballo audiovisual

Ourense. O Padroado da Fundación Eduardo Blanco Amor celebrou onte a derradeira reunión deste ano, presidida polo presidente Manuel Baltar, xuntanza na que analizaron as actividades que desenvolverá a entidade en 2021 e que inclúen, entre outras iniciativas, tres novas publicacións do escritor ourensán, un traballo audiovisual e a actualización das bases do premio de novela, que cumprirá no 2021 o seu 40º aniversario.

Unha das primeiras actividades será a edición dunha colección de volumes que, baixo o título Blanco Amor fotógrafo, recollerá nun primeiro número as fotografías e crónicas que o escritor ourensán publicou no diario El Pueblo Gallego en 1935, con motivo da viaxe que realizou a varias cidades do norte de Marrocos.

Xunto coa reedición, desta volta en castelán, da biografía escrita por Gonzalo Allegue e titulada Diante dun xuíz ausente, a fundación tamén prevé publicar un traballo que reunirá escritos e estudos en torno á obra de Federico García Lorca Seis poemas galegos, incluíndo a correspondencia que o poeta granadino mantivo con Blanco Amor sobre este traballo.

Tamén realizarase un traballo audiovisual en torno ao xornalista Arturo Lezcano, patrón fundador e amigo persoal de Blanco Amor. ECG

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.