Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A historia de Elena e Luís, un amor contra vento e marea

pero souberon seguir adiante, e agora, daranse o si quero

O traballo uniu os camiños e as vidas de Elena e Luís, a parella protagonista do Casamos! deste martes. Axiña xurdiu a química entre eles e de seren compañeiros pasaron a ser algo máis. Luís estaba inmerso nun proceso de separación da súa exparella e Elena axudouno nese camiño, que non foi nada doado.

Entre confidencias e confesións chegou o primeiro bico e, tras uns meses vivindo o seu amor en segredo, decidiron facer pública a súa relación. Pero xa desde o comezo a parella tivo que facer fronte aos dixomedíxomes. Por iso pasárono moi mal, pero souberon seguir adiante e agora, tras seis anos de relación, daranse o sí quero nunha voda por todo o alto.

A REVISTA. O programa A Revista achegarase hoxe en directo á localidade coruñesa das Pontes, o lugar elixido este ano pola Federación Galega de Micoloxía para celebrar a súa tradicional Semana Micolóxica, a número 40. Dentro da programación deste evento hai, entre outras actividades, saídas ao monte, obradoiros de identificación macro e microscópica, exposicións micolóxicas, conferencias, mesas redondas, micogastronomía e obradoiros de cultivo de cogomelos. Para coñecer máis detalles, o programa falará co Secretario da Federación Galega de Micoloxía, Rubén Villasenín.

Por outro lado, o espazo da TVG abordará a decisión de Renfe de retirar o abono gratuíto e a fianza aos viaxeiros que reserven sen viaxar ata tres veces. A medida entrará en vigor este mércores nos trens de media distancia e ten como obxectivo evitar as “reservas pantasma”, polo que os trens van teoricamente cheos, pero na práctica hai moitos asentos baleiros porque os usuarios reservan as prazas e logo non se presentan á viaxe. Para falar deste tema, A Revista contactará con Sara Pérez, da Plataforma de Afectados de Renfe.

Tamén estarán esta martes na mesa de A Revista Miriam Rodríguez, delegada da Asociación de Madres Solteras por Elección; e Ángela Rivas, da comisión lexislativa desta asociación. Ambas as dúas falarán deste modelo de familia, para o que cada vez máis mulleres deciden dar o paso. E é que a Sociedade Española de Fertilidade confirma que os tratamentos de fecundación in vitro a mulleres sen parella case se dobraron en cinco anos.

Outra das convidadas do programa de hoxe é Clara Redondo, unha influencer que arrasa ofrecendo consellos sobre plantas nas redes sociais, con tutoriais sobre o seu coidado e ofrecendo streams para resolver consultas, o que lle valeu milleiros de seguidores nas súas contas de Instagram e TikTok. Ademais, esta moza recibiu un premio nacional polo seu traballo divulgativo.

E Loly Gómez falará tamén con Paula C. Frías, autora de ‘Historias para vivir. Mi viaje hacia la locura’, un libro en que narra de forma persoal o seu camiño a través da depresión, a ansiedade e un trastorno alimenticio. Pretende amosar así o padecemento de moitas persoas, rachar tabús e estigmas e lanzar a mensaxe de que hai saída.

06 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.