Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A informática como clave da era dixital para afrontar retos sociais

O CPEIG celebrou este venres a súa gala ‘A noite’ en Santiago coa correspondente entregra dos galardóns anuais da profesión ante máis de 350 convidados

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou hoxe a súa “XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” cunha cea de gala no Hotel OCA Puerta del Camino en Santiago na que se entregaron os premios anuais da profesión. Asistiron máis de 350 convidados ao evento TIC referente de Galicia, entre representantes do ámbito empresarial, da Administración pública, do ámbito universitario e profesionais do eido tecnolóxico. A NOITE é xa unha gala consolidada onde o CPEIG mostra á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.

Foron doce as distincións anuais que se entregaron hoxe na gala, premios que corresponden a diversas categorías onde os colexiados/as recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática. En primeiro lugar, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, agradeceu a colaboración dos patrocinadores do evento, “un apoio continuado no tempo que supón un compromiso e un impulso para seguir traballando todos xuntos por un futuro mellor para o noso país”. Ademais, felicitou aos premiados polo seu talento esforzo e compromiso para modelar e construír un porvir dixital. “O futuro é cuestión de actitude e de talento e, sen dúbida, os premios que hoxe entregamos son exemplo do liderado da nosa profesión e da nosa terra” –asegurou–.

O director de Enxeñaría de Seguridade de Google, Bernardo Quintero Ramírez; as enxeñeiras en informática Núria Castell Ariño e Karina Gibert Olivaras; o xefe da Subárea da Seguridade da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, Gustavo Herva Iglesias; o mozo enxeñeiro en informática Íñigo López-Riobóo Botana; a empresa Manfred; o proxecto Equipos @ enmarcado no Plan Estratégico contra la Cibercriminalidad do Ministerio del Interior; o videoxogo The Waylanders de Gato Studio; o estudo “Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia. Relacións, riscos e oportunidades” de UNICEF España/USC/CCII, o Congreso Internacional de Animación, Efecto Visuales y Nuevos Media Mundos Digitales no seu 20 aniversario; e a compañía TRISON; a plataforma ‘IT4Ukrainians.com’; a Estratexia Galicia Dixital 2030 da Xunta de Galicia; os programas #IMPACT da Fundación GoodJob; a rede Dinapsis de Viaqua; e o grupo SING son as persoas, organismos ou entidades distinguidas.

Fernando Suárez sinalou que nos últimos anos estase a vivir a ruptura da unidade europea co Brexit, a irrupción das fake news na sociedade, unha pandemia mundial e este mesmo ano o estalido dun conflito armado no continente europeo que non se vivía desde a II Guerra Mundial, “todo acelerado polo feito de que estamos inmersos na maior revolución a todos os niveis
da historia da humanidade”.

Outro elemento clave da metamorfose actual é a desaparición do mundo da globalización radical, que segundo Fernando Suárez invita a reflexionar sobre a vulnerabilidade da economía a factores como os prezos da enerxía. “O cambio climático é o maior reto ao se enfronta a humanidade e neste desafía a informática ten moito que aportar, xa que non pode haber transición enerxética sen dixitalización” –apuntou–. Así, o CPEIG decidiu crear este ano un premio para recoñecer proxectos centrados no cumprimento dos ODS definidos por Nacións Unidas. Seguindo esta afirmación, o CPEIG concedeu un premio especial a Unicef España, a USC e o CCII por un estudo no que se ve a realidade da mocidade ante o uso de internet co obxecto de sinalar que “son as persoas as que dan sentido á tecnoloxía e non ao revés”.

Avances
Galicia na vangarda

··· Outro aspecto significativo deste momento de cambios que destacou Suárez é a chegada da Intelixencia Artificial. “Galicia debe ser protagonista, coa unidade de todo o sector tecnolóxico, da creación na comunidade da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial”. Pero a tecnoloxía está máis accesible que nunca e así se demostra con novos avances en realidade virtual, Internet das Cousas, Big Data, Blockchain, computación cuántica, ciberseguridade, Edge Computing, así como a nomeada IA e a Web36 e o Metaverso. Galicia está na vangarda de todos estes avances tecnolóxicos, con empresas e iniciativas como ‘The Waylanders’, Trison e Mundos Digitales.

02 jul 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito