Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 29 septiembre 2022
05:01
h

A iniciativa Ponte... nas ondas recibe o Meendinho polo apoio á identidade cultural común galego lusa

PREMIO A iniciativa Ponte...nas ondas! recolleu onte o premio da Fundaçom Meendinho 2021 na Arca da Noe en Vilar de Santos.

Recibiu o galardón nun acto no que tamén se fixo entrega do premio 2020, xa que a cerimonia tivo que ser cancelada como consecuencia da pandemia da covid.

A distinción para Ponte... nas ondas! foi concedida no mes de maio e a Fundaçom Meendinho xustificou a súa escolla porque leva desde 1995 “promovendo a identidade cultural comum galego portuguesa, desde uma perspetiva de integração europeia”, e destacou alguns dos seus principais labores.

Neste sentido, subliñou que é unha asociación cultural e pedagóxica, que leva a traballar desde 1995, con persoas e recursos pedagóxicos, relacionando profesorado e escolares entre Galicia e Portugal.

Ademais, promove desde o ano 2002 ante os Gobernos portugués e español a candidatura do Património imaterial galego-portugués, proposta que naceu dun proxecto pedagóxico de escolas da eurorexión Galicia-Norte de Portugal.

Por outra parte, e segundo destaca a Fundaçom Meendinho, Ponte... nas ondas! contribúe a revalorizar o traballo constante da asociación para cambiar a realidade e impulsar o recoñecemento do patrimonio inmaterial común, con toda a labor que eso supón, e ten ademais promovido todo tipo de alabanzas para que ese patrimonio inmaterial volva a ser proclamado pola Unesco como un importante valor cultural a preservar polo conxunto da sociedade.

Meendinho engade que “ao premiar a Ponte... nas ondas!, está reconhecendo o trabalho incansável e inabalável de gentes ligadas ao mundo do ensino da Galiza e Portugal”.

Os premios Meendinho son un recoñecemento a persoas e entidades que teñen unha acreditada traxectoria na difusión cultural galego-portuguesa e a súa proxección mundial. ecg

04 sep 2021 / 18:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.