Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A música corre polas súas veas, e elas polas da música

    A música corre polas súas veas, e elas polas da música

    a raíña da gaita galega, Áurea Rodríguez é a primeira gaiteira documentada da historia. Foi, sen dúbida, unha pioneira no noso panorama musical que se fixo oco nun mundo tradicionalmente de homes, e que acadou o renome que se merecía en vida. Nada no seo dunha familia labrega, Áurea comeza a tocar a gaita con dez anos e acaba liderando o grupo Os Maravillas de Cartelle, xunto cos seus irmáns.

    A música converteuse no seu medio de vida, e a onde ían Os Maravillas a festa estaba asegurada. O grupo traspasou as fronteiras galegas, e tocou en Madrid e tamén en Arxentina, aparecendo ao seu camiño referencias en todos os medios de comunicación. Con todo, o devir da raíña da gaita galega está inconcluso, porque logo de disolverse a formación, o último que se sabe Áurea lévanos a unha actuación en Venezuela no ano 1945, e para coñecer o fin desta historia haberá que esperar aos resultados das investigacións que hai en marcha sobre a súa vida.

    A música corre polas súas veas, e elas polas da música

    Os rosales, un dos grupos máis emblemáticos de música galega, naceu hai máis de sete décadas da man de Maruxa Miguéns e seu marido, Xosé Romero, en Rianxo.

    Maruxa dominou dende moi nova un eido musical que, sobre todo na primeira metade do século XX, estaba reservado aos homes: a percusión. Asemade, esta rianxeira de nacemento era a voz do grupo, e encargouse ao longo da súa vida de ensinar a tocar instrumentos como o tambor e o bombo.

    Quizáis non sexa unha das referentes da nosa música tradicional máis coñecidas, pero é innegable que a súa presencia pavimentou o camiño para moitas que viñeron detrás. De feito, no 2016, con motivo do 8 de marzo, foi homenaxeada no Parlamento galego xunto con outras 11 mulleres que romper os esquemas da sociedade facendo cousas que tradicionalmente “eran de homes”, e no 2022 o matrimonio foi posto en valor no Memorial Ricardo Portela, en Pontevedra.

    A música corre polas súas veas, e elas polas da música

    Maruxa das cortellas, ou María Grande Sobral, é un dos motivos polos que hoxe en día o pandeiro cadrado segue vivo, un dos instrumentos de percusión máis representativos da nosa música. Maruxa sempre tivo moi presente que a historia galega e á música van da man, e tomou como misión persoal recuperar a tradición oral das cantareiras e a transmisión do pandeiro nun intento de non perder a tradición... e conseguiuno.

    Foi unha das máis grandes tocadoras de pandeiro en Galicia de finais do século XX e comezos do XIX, que alén de contar cunha técnica impoluta que, como destaca Xulia Feixoo, foi un piar fundamental na recuperación do “xeito orixinal de tocar”. O rol desta veciña de Soutomaior na recuperación dos estilos interpretativos arcaicos é innegable, e, tras a súa morte no 2013, o seu legado continúa. Foi, no 2018, a primeira muller homenaxeada no Memorial Ricardo Portela en Pontevedra, que cada ano pon en valor a figuras da nosa música tradicional.

    A música corre polas súas veas, e elas polas da música

    As pandereteiras e cantareiras son un eixe fundamental da tradición musical galega. Sen elas, non se entende o noso mundo, e unha das que máis presente estivo na nosa historia recente é, sen dúbida, Josefa de Bastavales.

    Se a vida non a tivera posto no foco de atención, seguramente tería vivido coma calquera outra muller do rural, que toca por gusto, pero o destino tíñase preparado convertese nunha das pandereteiras máis populares da música actual. Pero Josefa, que xa participara en programas como o Luar no que gañou dous premios, acabaría tocando con Manu Chao en Galicia, en Barcelona e no festival internacional de música de Francia, e máis adiante con artistas como Mercedes Peón, Cristina Pato ou Susana Seivane, entre outros. Unha historia desas que semellan sacadas dun libro- ‘Desaparecido’, como ela chamada a Manu Chao, escribiuse na súa casa- e que Rubén Riós plasmou nun dos episodios da webserie ‘Arrieiros Somos’, no que Josefa foi a protagonista.

    13 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.