Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 30 junio 2022
11:13
h

A nova obra de Salvador Soutullo reflexiona sobre os problemas da clase obreira

A presentación desta nova obra será o 13 de xaneiro na libreria pedreira en Santiago // O protagonista enfrontase aos problemas de non atopar traballo

Esta semana sae á luz o novo libro do escritor Salvador Soutullo Carolo, titulado “A trampa da cocaína”. Naceu en Barcelona no ano 1965, fillo de pai e nai galegos que emigraron a Cataluña nos anos sesenta. Para él, quen nos contou un pequeno resumo sobre a historia, este é un libro para a clase obreira, onde busca reflectir e deixar ver os problemas que sufren as persoas desta clase, que por moitos títulos que teñan cústalle gañarse a vida e atopar un futuro digno.

Portada de “A trampa da cocaína”
Portada de “A trampa da cocaína”

Para este novo volume, Salvador deixa atrás o xénero periodístico ofrecendo neste texto un relato curto, como nos di el, unha noveliña. O argumento fala sobre un rapaz que despois de estudar filoloxía na universidade non atopa traballo. Busca de todos os xeitos posibles algo co que poder formar unha familia e ter un futuro estable cos seus estudos. Tempo despois, atópase cun compañeiro de facultade, que lle conta que anda metido en viaxes de “atún blanco” (termo que Salvador utiliza no libro para referirse á cocaína), que lle vai moi ben e ofrécelle a oportunidade de probar a facer unha.

Despois de moitas voltas o protagonista acepta a proposta, ao verse desesperado e non atopar un traballo co que saír adiante. Nesta viaxe é detido pola policía en Vigo, polo que entra no cárcere. Ao saír da prisión emigra a Cataluña onde se sindicaliza e organiza unha folga xeral. É cando, neste momento, toma consciencia de que en Galicia non existe, apenas, unha policía autonómica, mentres que na comunidade autónoma catalá está formada por 17.000 efectivos, aquí apenas chega aos 500.

Neste punto da historia, o personaxe principal do libro volve a Galicia para montar unha campaña co obxectivo de crear unha policía autonómica que loite contra o narcotráfico, mentres que él se prepara e oposita para formar parte dese corpo.

Esta nova obra será presentada o día 13 de xaneiro na librería Pedreira en Santiago de Compostela, onde xa a está a venda. Tamén estará dispoñible na librería Couceiro nesta mesma cidade e noutros puntos de Galicia escollidos polo autor. Ademáis mencionar que esta editada pola ACEGA, a Asociación para a comunicación con inmigrantes, e impreso pola cooperativa gráfica Sacauntos, tamén na capital galega.

O escritor é un coñecido colaborador deste periódico e tamén publicou artigos no Galicia Hoxe baixo a cabeceira “A vista de paxaro”, ademáis de escribir noutros medios tanto galegos como cataláns. É coautor de “A emigración galega na Unión Europa”, autor de “República Galega” e de “Palabra de Patriotas”, publicado no ano 2020. Este último é un texto periodístico onde recolle varias entrevistas con líderes do BNG e do nacionalismo galego.

10 dic 2021 / 17:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.