Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A primeira carta de Cirlot a Risco

No mundo da investigación con documentos pasados, sucede con certa frecuencia que aquilo que non dabas atopado de ningunha maneira, aparece por sorpresa e despois, como quen colle cereixas, eses documentos tiran doutros. Isto ven de sucederme coa que é, con toda certeza, a primeira carta que o poeta e intelectual catalán Juan-Eduardo Cirlot escribiu a Vicente Risco.

Hai anos -cando estudaba a carreira- preguntei a Victoria Cirlot se tiña noticia de cartas entre ambos. A súa resposta -seca, como adoita ser esta profesora- foi negativa, sen razoar. Hai uns meses consultei coa Fundación Vicente Risco e atopei algúns documentos, entre os cales dúas cartas de 1958: na primeira delas, Cirlot dáballe noticia da aparición do seu Diccionario de símbolos e diversa información persoal e familiar; a segunda acompañaba o envío dun exemplar do mesmo, dedicado. Non se conservan as cartas de Risco porque segundo os conservadores do fondo Cirlot (no MNAC), o intelectual catalán destruíu toda a correspondencia anterior aos anos que tratamos. Publiquei estas cartas hai unhas semanas na revista Grial (número 229).

Posteriormente, unha información facilitada por Celia Pereira, da Fundación Vicente Risco, púxome na pista dunha terceira carta, conservada no fondo familiar do escritor galego no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Púxenme en contacto con esta institución e efectivamente conservan unha carta de Cirlot, datada en 1955. Tal circunstancia permite que poidamos adiantar que a relación entre eles se estableceu neste ano. Este é contido desta primeira misiva:


Barcelona, 10 de enero de 1955


Sr. D. Vicente Risco

Sto. Domingo, 47, 2º

Orense.-


Distinguido amigo:

Me interesan sus libros y deseo recibirlos para leerlos. Con gusto conversaré con Vd. En las raras horas que me quedan libres, cuando venga por esta ciudad. Llámeme al llegar al número 39.32.04 (Editorial Gustavo Gili), donde trabajo, y quedaremos para vernos. Le enseñaré mis espadas, mis libros de poesía (ediciones de 50 ejs) y mis proyectos de nuevos libros.

Galicia, como comarca druídica, también me interesa pero por desgracia los viajes están proscritos en mi signo zodiacal, así es que me limito a girar en una espiral que se cierra sobre sí misma, sin moverme de la calle Herzegovino, 33, 6º, 1ª (donde tiene su casa) más que para ir a trabajar aquí y allí.

Un saludo afectuoso de su correligionario

q. e. s. m.

Juan-Eduardo Cirlot


O escritor catalán ofertáballe un encontro se Risco se achegaba a Barcelona, dándolle o teléfono da editorial onde traballaba e mais o seu enderezo particular, o que podería indicar que antes no lle dirixira carta algunha.

Se poñemos en relación este documento cos conservados en Allariz podemos pensar que tras o primeiro non tiveron relación epistolar ata a carta de Risco na que lle enviaba a súa crítica de El arte otro. A información sobre as súas orixes familiares que Cirlot daba na súa resposta fainos sospeitar que houbo un paréntese de tres anos.

A exhumación destas cartas deixa claro que unha vez custodiados os fondos persoais e familiares de moitos intelectuais galegos, a súa catalogación e dixitalización -circunstancia esquecida durante anos- pode permitir dar luz a esas traxectorias, non sempre coñecidas con detalle.

Joaquim Ventura

04 jun 2021 / 11:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.