Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A produtora CTV desenvolverá tres proxectos audiovisuais

Son propostas do xénero da comedia e o paranormal e de temáticas de conflitos xuvenís, contraste de culturas e a maxia

A produtora audiovisual CTV recibe a concesión dunhas axudas para o desenvolvemento dun paquete de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), unha maneira de facer Europa, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19 para apoiar aos sectores máis afectados, xestionadas a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia.

CTV executará tres proxectos audiovisuais. Para a selección deste paquete de proxectos, CTV seguiu unha serie de criterios, como as audiencias estratéxicas onde apostou por atraer novos targets, identificar públicos emerxentes e audiencias fieis que se organicen en comunidades de fans ou mercados estratéxicos, neste caso público adolescente, youngs adults e adultos; as tendencias de mercado que a produtora analiza periodicamente, a través de informes de empresas especializadas do sector ou informes propios sobre o panorama audiovisual, detectando neste momento tres tendencias en auxe: contido xuvenil, as adaptacións e os formatos curtos de 20 a 30 minutos por capítulo; e a diversificación de xéneros e temáticas, onde para estes proxectos apostaron polo xénero da comedia e o paranormal e as temáticas de conflitos xuvenís, contraste de culturas e a maxia. Para a selección do equipo creativo, CTV seguiu dous criterios, a traxectoria e o perfil profesional.

O produtor executivo de CTV, Ghaleb Jaber Martínez, explica que estas axudas son importantes para impulsar a faceta de desenvolvemento de produtos audiovisuais e fomentar o aspecto competitivo das empresas do sector a nivel nacional e internacional. “Estas axudas son a semente para que o sector creativo se poida nutrir de proxectos audiovisuais e abonalos correctamente para ir vendelos ao exterior” –sinala–. Jaber Martínez considera que con estas axudas CTV recibe o apoio para desenvolver estes tres proxectos enfocados a diferentes públicos.

11 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito