Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A produtora Portocabo xa ten prevista para a próxima primavera a estrea desta realización

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asistiu onte no Teatro Jofre de Ferrol á celebración do remate da filmación en Galicia da serie Rapa, a nova produción coa que Movistar+ e a empresa galega Portocabo agardan reeditar o éxito da súa premiada Hierro.

Trátase da primeira proposta realizada ao abeiro do novo Hub Audiovisual da Industria Cultural da Xunta e, en concreto, do seu fondo para a atracción de rodaxes, no marco do que a produtora galega resultou adxudicataria dunha axuda de 300.000 euros.

Con esta medida específica do Hub, o Goberno galego ofrécelles unha nova inxección económica ás empresas galegas que leven a cabo proxectos xunto con produtoras, canles de televisión e plataformas de fóra de Galicia, ben en calidade de coprodutoras, ben como provedoras de servizos. Un dos principais requisitos consiste na realización dun investimento mínimo en Galicia −un millón de euros para longas cinematográficas de ficción e animación e 1,5 millóns para as series de ficción−, que no caso da subvención a Rapa implica un gasto superior aos tres millóns a raíz da súa rodaxe na nosa Comunidade.

A serra da Capelada é o escenario natural desta serie de seis episodios, que ten prevista a súa estrea na primavera de 2022. A historia dá comezo durante a celebración da rapa das bestas, cando ten lugar un crime que Maite, a sarxento da Guardia Civil, intentará resolver coa axuda de Tomás, un profesor frustrado.

Pepe Coira e Fran Araújo son os creadores desta nova proposta televisiva, que dirixe Jorge Coira e conta con Alfonso Blanco, de Portocabo, na produción executiva.

En canto á interpretación, Javier Cámara e Mónica García encabezan un elenco cunha importante representación galega, con nomes como Lucía Veiga, Eva Varela, Toni Salgado, Berta Ojea, Iria Sobrado, Tito Asorey, Ricardo Barreiro ou Mabel Rivera, entre outros.

22 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.