Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A RAG abre no colexio Xela Arias de Vigo unha Primavera das Letras

CULTURA. A Real Academia Galega (RAG) celebrou onte no CEIP Sárdoma-Moledo (Vigo) a presentación da Primavera das Letras de Xela Arias da man da súa familia e da comunidade educativa do colexio onde a autora estudou a partir dos sete anos. O proxecto dixital fornecerá os nenos e nenas de diversos recursos lúdicos e didácticos, descargables e interactivos, para achegalos á figura da escritora, editora e tradutora á quea institución dedica as Letras Galegas 2021. Coa posta en marcha desta páxina web específica para o público infantil, a Academia complementan as vésperas do aniversario de Xela Arias (nada o 4 de marzo de 1962) a súa oferta de xanelas virtuais sobre a súa vida e obra, tras a activación o pasado mes de xaneiro da sección das Letras Galegas 2021 na web academia.gal, en permanente actualización. “Para a Real Academia Galega, este encontro de presentación da Primavera das Letras, que facemos todos os anos cos rapaciños e rapaciñas que están descubrindo o mundo, as palabras e tamén a significación da literatura, é unha festa”, expresou o presidente da RAG. “Nesta ocasión a figura de Xela Arias convoca todo o cariño, toda a alegría que sempre ten a palabra da poeta nas novas xeracións”. REDACCIÓN

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.