Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 19 agosto 2022
00:02
h

A realidade do autismo

Hércules de Ediciones acaba de presentar a novela gañadora do I Premio Asubío de Novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión, convocado pola Fundación María José Jove, moi atenta a dotar á sociedade de produtos e accións que conleven inclusión, e a propia editorial co apoio da Xunta de Galicia.

Palabras de pedra, de Ginés Cruz (Murcia, 1971), foi traducida desde o castelán por María Fé González e acollida na colección Sen fronteiras. A narración en primeira persoa leva ao lectorado a compartir a viaxe de dúas persoas afectadas por autismo, na que deberán superarse e tomar decisións, malia as limitacións coas que se atopan nunha sociedade que non está deseñada para elas. Os distintos tipos de autismo, observables nas actitudes e modos de ser dos protagonistas, fan meditar sobre a inclusión dos diferentes seres humanos. Boa viaxe a esta novela que nos fai máis solidarios, máis comprensivos!

m.fboo@udc.es

20 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.