Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A residencia San Carlos recibe hoxe o Celanova Casa dos Poetas

O galardón recoñece a labor da residencia da terceira idade nesta localidade ourensá

Santiago. Como cada ano a principios de setembro, Celanova lembra ós seus escritores. Os actos programados para este domingo comezarán cunha recepción na Praza Maior do premiado, unha representación da comunidade da residencia de terceira idade San Carlos de Celanova.

Ás 11.30 terá lugar unha ofrenda floral e unha lembranza de Celso Emilio diante do seu monumento.

Tras a intervención de Luis Ferreiro, fillo do poeta e representante da Fundación Celso Emilio Ferreiro, terá lugar a colocación dun centro fronte o busto do poeta e interpretarase o Himno Antergo pola Asociación Cultural Banda de Gaitas de Celanova.

Os asistentes, vez rematada a homenaxe, trasladaranse ó claustro barroco onde arredor das 12.00 horas será a entrega do premio.

O condutor do acto será Felipe Ferreiro, patrón da Fundación Curros Enríquez, que dará paso á apertura por parte de Antonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova e presidente da fundación, e á lectura da concesión do premio por parte do secretario da entidade, Antonio Piñeiro.

Consiste nunha medalla de prata coa imaxe da fachada da casa e as letras C (Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor, de Castor Elices) de Acisclo Manzano e un gravado de Baldo Ramos que recolle un extracto da acta do premio, e despois de asinar no libro de honra da fundación, realizarase unha proxección dun audiovisual con fotografías de Brais Lorenzo realizadas na residencia. O acto estará amenizado por Vanesa Muela. ecg

04 sep 2021 / 15:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.