Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘A Revista’ fala hoxe das novas oportunidades de emprendemento rural

Demetrio Bedriñana, de Cooperativas Agroalimentarias, un dos protagonistas

Santiago. A Revista (TVG) pon hoxe sobre a mesa as novas oportunidades de emprendemento rural. O técnico da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Demetrio Bedriñana, conversará no estudio sobre o cáñamo e o porco celta como oportunidades de negocio, coa intención de promover e facilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios. Pola súa banda, Gerardo Lázara, administrador de BioHemp, amosará o seu compromiso coa saúde e sostibilidade a través da educación, cultivo, transformación e comercialización do cáñamo. Desde Carballedo, Isabel Costas, de Tres Fuciños, amosará aos espectadores a cooperativa de pequenos produtores de porco celta que emprega medios naturais locais e saberes tradicionais na crianza destes animais. O programa conectará tamén con Santiago, onde a escritora Diana Pardo presentará a súa nova obra Abril descubre el mar y los helados de fresa, onde o amor verdadeiro prevalece sobre as relacións tóxicas. ECG

07 abr 2021 / 00:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.