Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘A Revista Fin de Semana’ viaxa hoxe ata Sober e Lalín

E Mon Santiso conversará cos escritores Jesús Castro e máis Javier Peña, director este último Residencia Literaria do Gaiás

A Revista Fin de Semana comezará o seu tempo este sábado na TVG conectando, en directo, co mercado Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, que se desenvolve en Sober, así como coa 22 edición da Festa da Malla Tradicional, na parroquia de Doade, en Lalín.

No estudio do programa, Mon Santiso conversará cos escritores Jesús Castro e Javier Peña, director este último da primeira edición da Residencia Literaria do Gaiás, en que participaron dez autores noveles. Ademais de falar sobre esta experiencia, Peña dará a coñecer a súa obra debut, ‘Infelices’, elixida entre as mellores novelas do ano por xornalistas e críticos de comunicación, e Castro, que asistiu a este certame na Cidade da Cultura, presentará Campo de plumas: poemas LGBT para a mocidade.

Vía Skype, no magazine conversarase tamén co fotógrafo Paco Martínez sobre as fotografías aéreas, que está realizando con drons da Costa da Morte; con Nacho Fungueiriño, coordinador de Festaclown 2021, con quen se fará un balance sobre espazo para a arte do clown que hoxe remata en Vilagarcía de Arousa, e co músico compostelán Octavio Vázquez, que destaca nos Estados Unidos e que acaba de participar no Aspen Music Festival and School con grande éxito.

E Facendo as Américas dará a coñecer un deses galegos chegado a Bos Aires, concretamente desde Alfonselle, en Lalín, a mediados do século pasado, é o caso de Benito Blanco, un dos personaxes máis salientables da emigración galega.

Aínda a día de hoxe garda unha forte vinculación emocional e afectiva coa avenida de Maio, o primeiro lugar que viu nada máis desembarcar no porto. Aquela gran rúa deixou unha pegada imborrable nel, ata o punto de que fixo da avenida de Maio o seu principal alicerce vital. Alí comezou a traballar de camareiro con tan só 21 anos.

Por outra banda, tamén hoxe na grella Sabadeando estará esta edición na cita anual das festas de María Pita na Coruña, que hoxe poñen o ramo coa romaría de Santa Margarida, logo de máis de vinte días de actividades.

Na cidade herculina contarase coas actuacións musicais das asociacións culturais Son d’aquí e Coros e Danzas Eidos, de Xurxo Fernandes e Os d’Abaixo.

O programa viaxará no tempo para asistir ao famoso festival indiano da vila de Ares cunha vila enteira vestida de época. Pola súa parte, o concurso do Desafío patacón desenvolverase na Estrada, con concursantes vestidos cun albornoz e nunha proba con caldeiros cheos de auga.

No apartado musical, destaca o histórico da verbena galega Sito Sedes, con quen se abrirá o baúl dos recordos dalgunha das súas actuacións na orquestra en que estivo á fronte durante 13 anos, Os Satélites. Comezará o programa a ritmo de son de bo merengue, co Dúo M-3 Show; presentarán novos temas o cantante granadino Javi Mota, con Boca a boca, e Guillermo Castro, o rei galego da bachata, co tema Una noche más.

21 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.