Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Ribeira Sacra, eido do festival de música Pórtico do Paraíso

Inclúe tres concertos nos mosteiros de Santo Estevo, San Pedro de Rocas e Santa María, “o que supón dar máis visibilidade”, dixo Baltar

O catamarán que percorre o río Sil desde o embarcadoiro de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín, acolleu onte a presentación do XIV Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, que no seu programa inclúe por primeira vez tres concertos en diferentes escenarios da Ribeira Sacra, “o que supón dar máis visibilidade a este espazo natural, histórico e cultural, candidato español a patrimonio mundial pola Unesco”, dixo o presidente da Deputación, Manuel Baltar, durante a presentación desta cita musical.

Ao acto tamén asistiron o presidente da asociación organizadora, Pórtico Musical, e director artístico do festival, Juan Enrique Miguéns; a coordinadora do certame, Conchi da Silva; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; e os alcaldes dos concellos de Nogueira de Ramuín, Esgos e Xunqueira de Espadanedo, César Parente, Mario Rodríguez e Carlos Gómez, respectivamente.

O 4 de xuño, na igrexa de Santiago das Caldas de Ourense, hai concerto de Lareverdie. O día 6, no Claustro dos Bispos do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín), de Daniel Ligorio. O 12, no mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, de Forma Antiqva. E o 13 de xuño, no mosteiro de San Pedro de Rocas, show do acordeonista vasco Iñaki Alberdi.

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito