Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A serie ‘Arrieros Somos’ homenaxea ao artista Cándido Pazos

O documental de Rubén Riós pecha este venres a súa pimeira tempada no concello de Vedra // Emítese as nove da noite na canle de YouTube de ‘Orgullo Galego’

VEDRA. A comezos de ano, o director Rubén Riós paseou por Vedra acompañado de Cándido Pazos, outro artista que renace unha e outra vez mediante a curiosidade e a súa creatividade.

Autor de innumerables obras e que actualmente traballa na arquitectura paisaxística en ligazón á investigación sobre a camelia e as súas aplicacións consméticas e terapéuticas e que dende fai anos decícase a dar a coñecer o Camino de Santiago polo mundo.

O cineasta plasmou en imaxes as reflexións, a interesante vida e obra do artista. Un home polifacético que desarrolla e desprende as emocións a través do arte e do que destacamos que os seus traballos, ao igual que o seu extraordinario currículum, son de tamaño monumental.

A rodaxe levada a cabo en diversos puntos de Vedra, amosará as súas marabillosas e fermosas paraxes co homenaxeado e Iván Raña, primer campeón do mundo de triatlón galego e participante en tres Xogos Olímpicos e amigo incondicional de Pazos.

A serie documental aposta pola sabiduría e experiencia das xeracións anteriores, xa que o seu traballo e as suas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo mellor.

Un proxecto audiovisual que, según o seu propio director, non só pretende entreter senon que o longo dos doce capítulos dos que consta esta primeira tempada, quere empoderar as nosas xentes. A esas persoas, que pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto... ou non queremos escoitar. E que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados.

O capítulo que emitirase na Canle de Orgullo Galego o venres ás 21:00h deixará ver a historia de Cándido un home que combina as diferentes ramas artísticas dunha forma brillante.

Este traballo puidose levar a cabo grazas ao Concello de Vedra e a aposta da empresa Xadigal, patrocinadora oficial dos doce capítulos desta serie documental. ECG

29 abr 2021 / 12:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.