Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A TVG visita a festa do polbo do Carballiño e
a do xamón da Cañiza

O espazo máis festeiro da canle galega dará conta do ambiente nestes dous eventos gastronómicos

O programa É hora de festa da Televisión de Galicia dará conta este mércores de dúas celebracións gastronómicas e de gran tradición en Galicia: as festas do Polbo do Carballiño e a do Xamón da Cañiza.

O espazo asistirá, pois, neste percorrido festeiro ata o concello ourensán do Carballiño, que esta semana pasada viviu a súa Festa do Polbo por todo o grande, cun intenso programa de actividades, que concluíu o domingo coa súa popular romaría.

A sesenta edición desta celebración multitudinaria foi moi especial, xa que estreou a súa declaración de Interese Turístico Internacional.

A continuación, É hora de festa mudará de provincia para asistir no municipio da Cañiza á súa popular Festa do Xamón. A 56 edición desta feira que enxalza a calidade do xamón galego, contou con novas edicións do VII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón, con Máster class de corte e cata de viños, e moita música a cargo de diferentes orquestras galegas, entre outras actividades.

Desde o inspirador casco vello de Ourense ata a cidade de Vigo, Que casas! fará hoxe un percorrido que levará os espectadores a lugares como Fisterra ou Xinzo de Limia. Outra das paradas será nunha parroquia de Lugo chamada Conturiz. E a todos estes paraxes chegarase buscando casas pero, sobre todo, buscando ás persoas que nelas viven ou que as transformaron. O obxectivo? é ver como son estes fogares no seu interior.

A primeira vivenda ofrece unha vistas incribles desde a cama. É todo un privilexio que se atopa no dormitorio principal dunha casa situada na cidade de Vigo. A ela chégase percorrendo un enorme xardín que conta cunha piscina infinity. No seu interior ten un teito cunha galaxia pintada, co que se busca darlle un toque especial a esta vivenda de 400 m2, construídos en 2013 por Felipe Rebelo.

Xinzo de Limia é un fermoso nome para un fermoso lugar. O programa introdúcese na provincia de Ourense, a 36 quilómetros da súa capital en concreto, para coñecer unha casa do ano 1900. Está en plena zona histórica pero combina a súa esencia cun toque de modernidade. Tres xeracións dunha mesma familia viviron nela, e para que luza como o fai hoxe en día tivo que ir por alá unha amiga da neta dos seus propietarios orixinais. Ela é deseñadora e chámase María Cabanelas.

A presentadora do programa A revista Loly Gómez coñece hoxe como está transcorrendo a experiencia persoal e profesional da veterinaria coruñesa Paula Rodríguez Tasende, quen cambiou hai uns meses a cría de vacas nunha cooperativa en Arzúa polo traballo de cría de animais salvaxes autóctonos en perigo de extinción, que desenvolve entre Kazakhstan, Marrocos e Abu Dhabi para unha multinacional.

Un equipo do espazo matinal conectará tamén, en directo, desde un dos centros de Prado Surf de Galicia. No estudio, Manuel, o responsable do centro grovense e un dos socios de Prado Surf Escola, dará conta das actividades e campamentos que se ofertan durante todo este verán.

Tamén falará da viaxe que organiza Prado Surf a Maldivas para practicar surf nunha das zonas consideradas coas mellores ondas, augas e condicións climáticas para gozar deste deporte.

Ademais, coma cada mércores, os espectadores poderán tomar nota dos consellos de saúde e alimentación de Manuel Viso, médico no Hospital San Rafael da Coruña.

17 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.